A nova Asemblea Local do Bloque Nacionalista Galego da Cañiza constituiuse nomeando a Trinidad Pérez-Labaca como Responsable Local.
O pasado domingo 19 de xuño do 2023, constituíuse formalmente a Asemblea Local do Bloque Nacionalista Galego da localidade da Caniza. A formación nacionalista, que foi quen de presentar candidatura as pasadas eleccións municipais do 28M, segue avanzando na localidade e foi arroupada pola militancia do BNG doutras localidades da Comarca. Portavoces municipais, concelleiras e militantes da Comarca acompañaron a esta nova Asemblea Local no día da súa creación.
Despois dunha breve introdución ao debate da Asemblea por parte de Bieito Lobeira, membro da Executiva Nacional, e de Hadrián Bautista, Responsable Comarcal, a organización parabenizou á nova militancia local por este importante fito do que sairá beneficiada toda a cidadanía da Caniza.
Finalmente, a militancia local procedeu a escoller a persoa que ocupará o cargo de Responsábel Local desta formación. Na votación, Trinidad Pérez-Labaca Diz, integrante da candidatura, mestra e activista en prol da sanidade pública galega foi escollida por unanimidade.