O PSOE non quixo un acordo de goberno en Tui

Carme Núñez candidata do BNG á alcaldía de Tui

O BNG de Tui quere informar á opinión pública que despois dun proceso denegociación co PSOE lamentablemente no se alcanzou un acordo para un goberno de coalición.

Nós sempre manifestamos de forma repetida durante a campaña electoral, a mesma noite electoral e en entrevistas posteriores, a nosa disponibilidade para conformar un goberno progresista en Tui.

Pola contra, na mesma noite electoral e en entrevistas posteriores, incluso xa iniciadasas negociacións, o candidato do PSOE mostrouse reacio a pactar e manifestaba a súaintención de gobernar en minoría. Tardou ata nove días en contactar co BNG. Iso é moi revelador do pouco interés en formar un goberno con nós .

Pese a isto, puxemos todo o noso empeño en que ese acordo se producira. Nesesentido, cando fomos convocados polo PSOE, aportamos unha comparativa dos programas electorais de ambos partidos, área por área, proxecto por proxecto, e empezamos a negociación en base a eles. Aportamos incluso deseños dos nosos proxectos e propostas. Durante a negociación, o BNG mostrouse disposto a ceder en moitos puntos en que mantíñamos opinións diferentes , aceptando as súas propostas, pero non houbo na outra parte verdadeira intención de pactar.

O PSOE non fixo absolutamente ningunha cesión en puntos nos que discordábamos,nen sequera nos dous únicos que para nós eran irrenunciables: a non construcción dun aparcamento soterrado na traseira da Área Panorámica e evitar o derrube da casa e otraslado do hórreo da finca Patazumba, chegados a este punto, rompéronse as negociacións.

O BNG constata que con elas o PSOE pretendeu cumprir un paripé cara á sociedade tudense, pero non tiña intención real de negociar: xa tiña decidido gobernar en minoría, como declarou de forma reiterada o alcalde. A asamblea do BNG de Tui, celebrada o día tres de xullo, foi informada con detalle do proceso de negociación e decidiuse que desde este momento o BNG confórmase formalmente como oposición e que exercerá ese papel de forma constructiva e firme.