Un golpe ao benestar das cidadás e cidadans do Porriño

David Alonso Barguiela Psoe Porriño
David Alonso, Secretario Xeral do PSdeG do Porriño

Permíteme expresar a miña preocupación polas graves consecuencias que acarrea o rexeitamento das propostas socialistas nos orzamentos municipais do 2023 aprobados polo PP. Este rexeitamento demostra unha falta de compromiso co benestar das cidadás e cidadáns.

En primeiro lugar, ao deixar sen partida orzamentaria a clubes deportivos, asociacións, estudantes, persoas maiores e persoas con discapacidade, o goberno demostra unha falta de sensibilidade cara aos sectores máis vulnerables da nosa sociedade. Estas entidades e colectivos desempeñan un papel fundamental na promoción do deporte, a cultura e a inclusión social, e a súa desatención só xerará un impacto negativo na calidade de vida das porriñesas e porriñeses.

As propostas socialistas acreditaban o visto bo do interventor municipal, propostas como a gratuidade dos libros de texto, as bolsas de intercambio en inglés noutros países, o sistema de bono taxi e o programa de coidadoras de barrio, son iniciativas que buscan mellorar a calidade de vida das cidadás e cidadáns e fomentar a igualdade de oportunidades. Ao rexeitalas, o goberno mostra unha falta de visión e compromiso co progreso e o benestar de Porriño.

En conclusión, no eido económico este orzamento represente un recorte de 2M€ con respecto o gastado no ano anterior. Ademáis de querer desplegar unha cortina de fume coas facturas, que afirmaban que eran fraudulentas sen ningún rubor ao contraer un préstamo ICO de 3M€ en este 2023 para pagar estas mesmas que nos vai a costar 1M€ en intereses, cando os Socialistas deixamos 13 M€ para pagar esa facturación, que bloquearon xunto con EU SON todos estes anos.

Un despilfarro , gastando no ano 2023 deses 13M€ , 8 M€ e o que é mais grave tendo bloqueados os restantes 5,8M€ dos que dispomos actualmente de remanente de tesourería,por orde do interventor para asumir posibles sentenzas xudiciais contrarias ao Concello.

O rexeitamento das propostas socialistas nos orzamentos municipais e as medidas fiscais que Alejandro Lorenzo e o PP aprobaron pasando o rodillo as recén modificadas ordenanzas do ICIO e IBI terán consecuencias negativas para a veciñanza de Porriño, creando máis desigualdade por non dispor da sensibilidade progresiva que se debe aplicar á fiscalidade de todas as administracións.

É fundamental que o goberno reflexione sobre a súa postura e priorice o interese xeral por enriba de intereses partidistas. Os cidadás merecen un goberno comprometido co seu benestar e disposto a traballar en beneficio de todas e todos.

É hora de esixir un cambio e unha xestión responsable por parte do PP e Alejandro Lorenzo porque xa estamos en números vermellos desafortundamente.

Primer comentario

Deixa a túa opinión