O Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade aproba unha moción do BNG de rexeitamento da liña de alta tensión
Cerdedo-Cotobade, 4 de setembro de 2023.
“Como é sabido, a liña de alta tensión do parque eólico dos Cotos cara Ponte Sampaio atravesa numerosos núcleos habitados e vai causar unha grande afección tanto ao patrimonio natural, forestal ás augas e á calidade de vida das persoas dos nucleos polos que pasaría”, afirmou o portavoz nacionalista en Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira.
Nas alegacións presentadas faise fincapé na división artificiosa de proxectos na mesma area e
coas mesmas liñas de evacuación, para furtar a avaliación ambiental acumulada e sinérxica do
conxunto das infraestruturas; na ausencia dunha planificación eólica ordeada e coerente co
deseño eólico plasmado na Lei galega 8/2009; na ausencia de informe de repercusión dos
parques sobre a Rede Natura 2000, toda vez que ten unha afección moi severa e prexuizos
irreparábeis pra a Rede e a súa coerencia; na afección severa para as persoas que viven ou
traballan nos nucleos rurais afectados; na ausencia de interese social e utilidade pública, toda
vez que responde a un interese estritamente mercantil. Ademais, Filgueira afirma que “non se
garantiza a non afección aos acuíferos e á calidade das masas de auga tanto superficiais como
soterradas.
Filgueira lembrou, ademais que “a oposición a este proxecto, que supón un ataque contra o país,
contra o medio e contra as persoas que viven no rural, foi aprobado a instancias do BNG no
pleno celebrado o pasado 28 de setembro”
