Hai que dar a cara!

Artigo de opinión A Nova Peneira
Baldomero Iglesias Dobarrio Mero artigos de opinión A Nova Peneira
Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero

Ás veces cómpre dicir aquilo que ninguén quere oír. Estamos entempos de confusión e ben sabemos, sería bo recuperar a cordura ouun anaco dela, anque non é unha medida moi reconfortante pero semprecuradora, faise necesaria no medio da suposta hostilidade e da precisacircunstancia deste tempo, que volve aos tempos da cavernícolaignorancia. Tempos que a nós tanto aínda nos doen porque sabemoscomo foi aquilo de facer todo á forza e baixo ameaza, naquela voz queurxía violenta e chea de castigo. Vímolo nos informativos destesdías, moreas de xente odiándose, no insulto, na desvergoña, consignos e bandeiras do atrás pérfido e caduco, da senrazón. Temposde eleccións e tentando un goberno. Pero hai uns que se non gobernaneles, os demais non saben gobernar, aínda equivocándose. Todosvenden o que non teñen. Xorden difamacións, enganos, tropezóns,bochorno vergoñento. Saen á rúa veleidades e os violentos encirrancoa falsa moeda. Son aquela xente que ten que gañar sempre, e senóné xogo revolto. Sinalan aos demais e din que aqueles fixeron trampa,contáronse mal os votos, o que pretenden é inconstitucional, sonamigos do árbitro, ameazan a fin da competición, que se rompe a ligaetc. Gañan os que mellor venden o fume, ameazan e difunden medos.Detrás estará o pau e caerá nas nosas costas, mentres soñemosmelloras dos servizos, médicos, mestres e atención básica dosdereitos. Estamos nese lugar inalcanzable da mesma ilusión quedemandamos. Todos petan na porta e amosan gaiolas liberadoras que nonson o que parecen. Os pobres, moitos mais, abondan máis na súapobreza e dóense, mentres os ricos, tamén máis, presumen e danproba de fachenda para o escarnio dos que sofren. Presentan as súascaras máis amables e suxestivas, todos prometen, arriscarán amentira e menten sen pudor. Atreven ousadas formas de xogar cos nosossoños, que están detrás dunha xustiza certa, detrás dun anaco depan e a carón da dignidade. Anque no efectivo non se aprezan. Detrásde todo isto todos sabemos como menten, que as cifras son estimables,que haberá medias tintas e sombras, que mirarán discretamente paraoutro lado, que son oportunistas, mercadores dos seus propiosintereses para vender os nosos dereitos, que non lles interesan enabsoluto. Séntense libres para facer a súa vida sen maior problema.Como senón, chegamos a este deterioro de nós? Como puidemos chegar aesta negación da evidencia. Como senón, sabémolo ben en Galiza,aínda estamos a pedir paso para ser quen somos e expresarnos en honrae orgullo na Lingua Propia? Ben se viu en Madrid como renunciaron-algúns con mando en praza- á dignificación da orixe, os mesmos quedeterioraron servizos necesarios e públicos que aportaban, xa entempos remotos, un lugar de igualdade e descanso. Onde quedou aquelasociedade civil e pública garante da orde e a lei? Onde vai aquelensino de calidade e atento ás particularidades que noutrora houbo?Onde vai o noso idioma, a nosa fala, a nosa Cultura? De que valerontodos os crápulas que nos venderon nubes, que aínda ocupan postos deresponsabilidade, os mesmos que chuparon do frasco durante tanto tempoe seguen abandeirando a mesura e constrición na que nos tiveron? Ondeestá a defensa da Terra, do Aire, da Auga, como elementosfundamentais da nosa existencia? Onde están os medios derecuperación e de activismo que propoñían para darlles traballo aostantos que, aínda hoxe, non teñen. Onde van aquelas persoas queloitaban incansablemente polo desenvolvemento público, mesmo atachegar a negarse a aceptar as evidentes mentiras envoltas enelegancias?Ás veces cómpre dicir aquilo que ninguén recolle. Ás veces hai queculpar aos que mandan, pero a culpa tamén é para os que consentensen facer forte oposición, non van quedar coma que están senresponsabilidades. Hai que facer exercicio firme de reclamación, denegarse a esta farsa. Esixir aos que teñan parlamento, erepresentatividade, ese xeito de repetir e corrixir, de oporse, dedenuncia e reconsideracións dos desatinos, enfadarse para facercumprir aquilo que un día prometeron e non compren. A nosa realidadecomo pobo e nación debe facerse coa forza parlamentar, ata esclarecere amosar as circunstancias do noso ser, esixir dignidade e exerciciode posesión. Dando a cara, dicíndoo abertamente.