A escola de artes marciais Loren de Ponteareas epicentro do Taekwondo na comarca do Condado

A escola de artes marciais Loren de Ponteareas

O ximnasio Loren de Ponteareas ten unha longa experiencia e acreditada solvencia na formación de persoas de calquera idade que queiran achegarse ao fascinante mundo das artes marciais. Na actualidade desenvolven un moi interesante programa de adestramento de nenos e mozos que tratan de mergullarse no universo do taekwondo, disciplina que é deporte olímpico. Nós falamos con Loren, o fundador da escola, para coñecer algo máis deste deporte.

A práctica do Taekwondo achega indubidables beneficios á vida cotiá”

Cando naceu o equipo de combate ?

No ano 2020.

Cantos nenos e nenas o compoñen?

32

De que idades?

O máis pequeno ten nove anos e o maior 32

A que nivel están estes nenos?

Son todos moi novos. Malia que están tendo resultados moi bos nos distintos eventos nos que estamos a participar, todos eles están en plena etapa de formación. O taekwondo de elite require máis experiencia e máis idade claro.

Todas as persoas e a todas as idades poden practicar este deporte?

Si, todas as persoas e a todas as idades.

Que beneficios achega a práctica do voso deporte?

Achega indubidables beneficios á vida cotiá, tanto físicos como emocionais. Así por exemplo contribúe a que manteñamos as nosas articulacións e o noso sistema muscular en bo estado. Dános elasticidade, forza e equilibrio e seguridade. E a nivel emocional ensina a xestionar a frustración e axuda a ser solidario e fraternal.

É un deporte caro?

Non, é accesible para calquera economía media, incluso modesta. Ha que facer un gasto de equipo ao principio e pouco máis.

En que competicións participades?

Nós estamos a participar en todos os eventos internacionais que hai en Galicia. Gustaríanos poder ir a máis competicións fóra pero economicamente é moi complicado. O ano pasado puidemos ir ao open de España en Alacante e foi unha moi boa experiencia.

E como se financiou esa viaxe?

Pois os pais e as nais, non quedou máis remedio.

Sentídevos apoiados polo Concello?

Agora parece que si.

Este deporte pode ser perigoso para quen o practica?

Non. No noso deporte, especialmente nos niveis de iniciación os niveis de seguridade son máximos. No momento en que haxa moita superioridade dun dos participantes no combate sobre o seu opoñente , o árbitro para a pelexa.

Ves entre os tes alumnos e alumnas a algún que teña potencial para chegar a elite?

Todos teñen o potencial necesario.

O deportista de elite nace ou pode facerse?

Todo pode adestrarse e todo pode aprenderse, pero se tes unhas condicións innatas de elasticidade e flexibilidade é máis fácil.