Mostra de petiscos

Concello de Mondariz Balneario

O Concello de Mondariz-Balneario, xunto co sector hostaleiro do concello, acordaron levar a cabo unha iniciativa turística para o desenvolvemento do sector turístico da zona e da marca Mondariz-Balneario mediante a elaboración dunha ruta gastronómica de degustación de petiscos, que se levará a cabo os días 2, 3 e 4 de febreiro do 2024. Debido á realización de diversas actividades culturais e gastronómicas na comarca, o concello de Mondariz-Balneario decidiu sumarse a estas iniciativas propoñendo coma iniciativa unha ruta de petiscos para reactivar a actividade economizadora no concello en tempada baixa.

prezo do petisco será 2 €.

Petisco máis + viño 4,50 €. Os viños empregados para esta oferta, deberán ser os viños do patrocinador. O patrocinador será Adegas Galegas.

Entregarase nos establecementos un pequeno pasaporte ou cartilla. As cartillas de participación usaranse para obter selos nos establecementos participantes na ruta gastronómica . Dependendo do número de selos obtidos poderán acceder a distintos sorteos. A información dos premios explicarase na cartilla. O sorteo celebrarase un día laboral na seguinte semana a realización da mostra.