Hannah Arendt , A banalidade do mal e Nidia Arévalo

Hanna Arendt
Hannah Arendt Fotografía: wikipedia
Tino Lago director a Nova Peneira
Tino Lago director a Nova Peneira

Hannah Arendt foi unha filósofa alemá nacida en 1906 , logo nacionalizada estadounidense país no que finou no ano 1975. Ela era xudía e sofreu directamente as consecuencias da política xenocida contra o pobo hebreo que desenvolveu a Alemaña nazi. De feito, se non me falla a memoria, creo lembrar que chegara a estar uns días internada nun campo de concentración da Francia ocupada. Por sorte para ela puido escapar, fuxir aos EEUU e tempo despois adquirir a nacionalidade estadounidense.

Hannah Arndt é autora dunha moi importante produción intelectual da que sen dúbida a obra máis coñecida é o seu libro “ Eichmann en Xerusalén: Un estudo sobre a banalidade do mal”. Non creo que a alcaldesa de Mos lera nunca a Hannah Arendt. En realidade penso que Nidia Arévalo non leu un libro na súa vida agás os que tivera a obriga de ler na súa etapa de estudante. A miña consideración sobre a relación da senadora Arévalo e a lectura é pura especulación desde logo, pero unha persoa cuxo discurso se limita á repetición de simples clichés, tópicos que só son significantes carentes de significados ou cacofonías adolescentes e cuxos contidos carecen da máis mínima profundidade intelectual amosa que a lectura non está entre os seus costumes habituais.

No libro, que supoño que a senadora Arévalo non leu, Hannah Arendt realiza a crónica, creo lembrar que para un xornal estadounidense, do xuízo a Adolf Eichmann. Este suxeito foi un nazi salientable que seica tivo un papel relevante na arquitectura da solución final , a diabólica operación deseñada polos nazis para asasinar a todos os xudeus europeos. Eichmann foi secuestrado polo servizo secreto israelí en Arxentina , xulgado en Israel e finalmente executado. A crónica do xuízo a Eichmann non é o máis importante deste libro, pois polo que realmente pasará a ser considerado un clásico na historia universal do pensamento é polo estudo que, aproveitando a figura de Eichmann, fai Arendt da natureza do mal. Hannah Arendt sostén que unha persoa para practicar o mal, incluso o mal absoluto como os nazis, non ten porque ser esencialmente malvada senón só deixarse levar, seguir as normas establecidas e non pensar.

Arendt conclúe sobre Eichmann que non tiña riscos mentais que lle levaran a desenvolver pulsións asasinas, que non era ningún psicópata que gozase facendo dano a outras persoas, nin sequera era, ao xuízo de Arent antisemita, senón que actuou como actuou por ascender na súa carreira e porque cumpría ordes. De aí ven o concepto de “ A banalidade do mal”.

Recentemente a Senadora Arévalo pronuncio no estrado do senado as seguintes palabras dirixidas a un senador socialista

Nidia Arévalo, fotografía arquivo Anova Peneira

“Senador Moscoso, recuerde, si bebes no conduzcas, ahí lo dejo”

Supoño que o senador Moscoso, ao que non teño o gusto de coñecer, tería algún problema co alcohol ao volante e imaxino que os que lle preparan as intervencións á senadora Arévalo lle indicarían que o espetase no estrado. Pero o rechamante é que pouco despois de tan desafortunada intervención soubemos que anos atrás a propia senadora Arévalo foi multada con 600€ porque nun control de alcoholemia superou a taxa de alcohol permitida. É dicir, a senadora mosense, facendo o que en psicoloxía se coñece como proxección negativa, agredía a un adversario político espetándolle en público ter cometido presuntamente unha grave infracción que ela mesma tería cometido antes. Como se atreveu?, como foi capaz de criticar a outro o que ela mesma fixo?,é que non o lembraba?….

Si, claro que si o recordaba, pero, aquí ben a relación queridos amigos e amigas, entre a brillante escritora alemá e a mediocre senadora popular:

“ Deixarse levar, facer o que che mandan, e non pensar”

( A banalidade do mal)

“ A xente máis perigosa non é a que fai dano adrede, senón as persoas que carecen do costume de pensar, e que alegando boas intencións consideran prescindible actuar con prudencia”

Hannah Arendt.