Arrogancia é mala compañeira de viaxe

Victoria Alonso voceira do PSOE de Mos
Victoria Alonso, voceira do PSOE de Mos

Considero que o Concello de Mos ten un problema con como entende as maiorías absolutas. Unha vez tras outra, repiten que a súa maioría absoluta permítelles facer o que queiran. Pensando que non teñen que falar con ninguén, nin coa veciñanza nin ca oposición xa que non nos consideran parte do equipo. Tamén pode verse coma un desprezo a veciñanza que nos votou, xa que non precisan telos en conta.

O último exemplo disto foi ca organización da Festa da Rosa. Unha festa que tradicionalmente sempre se fixo, a lo menos certos actos máis institucionais, na parroquia de Petelos. Pero este ano deciden levar a meirande parte da Festa da Rosa para a contorna do Pazo. Nada que dicir en canto a actitude dos representantes do Pazo de Mos, xa que é un espazo privado e benefícialles que o concello leve contido e actividades para as súas instalacións. O problema radica nas formas e na xustificación.

Foi unha decisión tomada con premeditación e arrogancia, xa que declararon levar tempo pensando neste cambio pero nunca dixeron nada. A decisión foi trasladada a directiva da Asociación de Veciños e despois deixaron nas súas mans que trasladasen a información o resto da parroquia. Un claro exemplo de como evitan dar explicación e poñendo nunha situación moi desafortunada, e para nada merecida, o grupo de persoas que integran a directiva.

Por outra banda, a xustificación radica en que así é unha maneira de aforrar fondos en carpas. Cando a realidade é que colocando unha carpa na contorna do Multiusos pódense acoller todas as actividades o igual que o fai o Pazo. Compre recordar que esta zona de Petelos conta con instalacións municipais, estradas municipais que poden cortarse como xa se fixo noutras ocasións e con espazo de abondo para albergar todo o que a programación conteña.

Facer o traslado para o Multiusos sería unha forma de manter viva a tradición de que a Festa da Rosa naceu e leva 50 anos celebrándose na parroquia de Petelos. Xa que é tan importante camiñar cara a diante buscando o crecemento e o progreso, coma facelo sen perder a esencia das nosas cousas, tendo en conta as tradicións e o respeto a toda a veciñanza que traballou pola festa.

O Partido Popular o que consigue e xerar confrontación entre parroquias, e igual iso é o que queren porque xa sabemos que río revolto é beneficio de pescadores. O final temos un grupo pequeno que contan ca colaboración do concello para realizar actividades nas súas instalacións e cunha maioría de parroquias que se atopan na posición contraria. Non é culpa das parroquias onde se fan ditos actos, senón de quen promove os actos nos mesmos sitios sempre e sen poñer en valor o patrimonio inmaterial que temos en todo o concello.

E nun último lugar falemos de nós, referímonos o Partido Socialista como oposición, xa que o Partido Popular dende sempre ten unha actitude de querer deixarnos a un lado. Nesta ocasión tivemos que enterarnos deste cambio de localización pola veciñanza, nin sequera se nos comunicou nin moito menos preguntou. Aínda que este é o pan de cada día. Sen embargo convocaron unha comisión na que aprobaron un decálogo para constituír a orde dos valedores da rosa, cuns artigos onde se solicita por exemplo fidelidade vitalicia a rosa. Ditos nomes para os nomeamentos foron trasladados nese mesmo momento e baixo o comentario de que podíamos opinar, pero a realidade é que xa os tiñan escollidos e ían aprobalos independentemente do que dixeramos ou intentásemos aportar. E ca grandiosa e socorrida frase dende goberno, neste caso en boca da Concelleira de Cultura, somos goberno e o decidimos nós. Unha vez máis deixando claro que eles fan o que queren, sen escoitar e sen ter en conta a ninguén máis.