Bas: “Que o Concello de Redondela tarde 1.000 díasen pagar facturas non é para que a alcaldesapresuma, máis ben é para que presente a súadimisión”

Javier Bas candidato do PP á alcaldía de Redondela


O voceiro municipal do PP considera “un insulto” aos veciños e provedores que a rexedora alardee de que se acaban de pagar obras e servizos dos anos 2021, 2022e 2023 e tilda de “surrealista” que o califique de tempo récord cando é unha clara neglixencia política.


Tamén estima que achacar o retraso ao problema informático do programa de contabilidade, que tivo lugar o pasado ano, “é mentirlle directamente á cidadanía para agochar a nefasta xestión económica”, que segue incrementando o pago a provedores ata 163 días de media.


Redondela, 3 de setembro de 2024

“Que o Concello de Redondela tarde 1.000 días en pagar facturas, xa que este verán veñen de satisfacerse pagos que datan de ata o ano 2021, non é para que a alcaldesa Digna Rivas presuma, máis ben é para que presente a súa dimisión pola súa incapacidade para dirixir o noso municipio e pola súa nefasta xestión económica”. Deste xeito, o voceiro do PP, Javier Bas,valorou o anuncio da rexedora de que se veñen de acometer pagos de obras es ervizos por valor de 2,7 millóns de euros correspondentes aos tres exercicios anteriores.

Neste senso, o concelleiro do PP cre que esta información do goberno local xurdecomo consecuencia de que Redondela, tal e como revelaron os populares, é un doscatro concellos da provincia de Pontevedra que foi intervido polo Goberno deEspaña para pagar as súas facturas, desde a Administración Xeral do Estado, através da detracción dos fondos estatais que mensualmente recibe o Concello eque ten como obxectivo paliar os continuos e excesivos retrasos.

Por elo, o edil popular considera “un insulto” aos veciños e, principalmente, ao sprovedores que a rexedora alardee de que se acaban de pagar obras e servizos que datan dos anos 2021, 2022, e 2023 e tildou de “surrealista” que acompañe este anuncio dicindo que se fixeron nun tempo récord. “Estamos ante unha clara GABINETE DE COMUNICACIÓN DO PP DE REDONDELA Javier Bas. 651.929.843neglixencia política que ademais vén acompañada de moita desvergoña, porque hai que ser unha caradura política para soster que se abonaron moito antes do prazo”, apostillou o voceiro municipal.

Así mesmo, Javier Bas estima que a alcaldesa “míntelle descaradamente á cidadanía de Redondela” por achacar este longuísimo retraso nos pagos, que denota os problemas da tesourería municipal, ao problema informático do programa de contabilidade, que tivo lugar o ano pasado. “É bastante difícil de crer que 594 facturas dos anos 2021 e 2022 por importe de 488.000 euros, que se abonaron o pasado mes de xuño, non se puideran pagar antes por un problema que xurdíu en2023”, manifestou, antes de lamentar que se recurra ás falacias “para tratar de agochar a súa nefasta xestión económica”.

Finalmente, recalcou que Redondela ten importantes problemas financeiros pola exclusiva responsabilidade do goberno socialista, xa que se presume dun remanente que se constrúe unicamente a base de non pagar as facturas, pero paralelamente se ten afogados aos autónomos e empresas que traballan para o Concello con retrasos esaxerados no pago das súas facturas. Cómpre sinalar que,segundo os datos oficiais do Ministerio de Hacienda, o Período Medio de Pago a Provedores (PMP) xa se elevou ata os 163 días ao peche do segundo trimestre deste ano cando no período anterior deste mesmo 2024 estaba fixado en 137 e o máximo legal é de 30 días.