Manuel Alfonso Estévez

Eu vivín os mellores anos da nenez en Fornelos da Ribeira, no eido de Cambra, aferrado a fermosura do seu arredor, e débolle a miña aldea, aqueles primeiros anos de vida, e agora, o padecemento da saudade, datristura e de non poder velo, sen esperanzas de retornar a el, porque xanon teño nada, e vivo lembrando e soñando acorde coa miña memoriaalgunhas requintadas, como dicía Castelao.

Vai tan lonxe a mocidade,

está tan cerca o meu fin,

que as veces sinto vontade

de por loito por min.

E péname de non poder ir a miña aldea de Fornelos da Ribeira, que foi,para min, fonte da nenez. E, volver sería recobrar o tempo perdido,pensando en morrer en Fornelos, cousa que non vai acontecer.

Todo vai acabándose en min, pero o amor que sinto pola miña aldea, esoñar libre, afogándome a miña vida de vello,sentíndome a beira domar de Vigo, cos meus pensamentos, reflexionando no Mar de Vigo, como aspolas das árbores que dan sombra, estando horas e horas consumíndome por sentirme orgulloso de ser fillo de Fornelos, a aldea mais fermosa domundo e arrufando pola Carballeira das Fraguiñas, sentado, e chagarmecos ollos, daquel eido de Cambra, durmindo entre as vides e parras,asistindo a transformación dos días de sol e noites de luar, asistindo mentalmente, como ninguén, a necesidade cósmica da aldea, porque seique son un anaco dela.

Tódalas árbores teñen historia, dende que nacen ata que morren, e arealidade e que seguen vivindo coa semente que o vento, ou algún paxariño que voa a deixara, pero a Carballeira das Fraguiñas, é unha zona xeográfica da nosa aldea, que se identifica co lugar.

Lémbrome de moitas árbores, como a árbore do Guernica, no PaísVasco; da acacia, diante da capela Santa Rosa, dando a súa última imaxe, gravada na miña retina e no corazón. E dos camiños buscando algunha oportunidade, deixando as raíces húmidas coas bágoas de quen sabe si volverá a ver a súa aldea querida.

Lémbrome daqueles veciños emprendedores e visionarios que representaron aquela Sociedade Agrícola Gandeira, co Sindicato ElProgreso. Daquela xente que tiña a honra e a responsabilidade deconducir a Sociedade, loitando en recuperar o forte símbolo de identidade, dando unha fermosa imaxe, recapacitada, da nosa aldea.

Lémbrome, de que unha imaxe vale mais que 1.000 palabras, e sempre estiven de acordo con ela. ¡Quen sabe o por que! De neno falaba pouco edebuxaba moito. E hoxe, dende unha visión profesional, me parece que cada imaxe é unha síntese do lugar, que define e prestixia o que está detrás dela.

Eu agradezo a A Nova Peneira (A Nosa), por darme a oportunidade e poderaplicar aquel valor cooperativo e o das asociacións, culturais,veciñais e deportivas existentes.

Eu son un fillo da aldea, con moito gusto. Aprendín as primeiras letrase a escribir na humilde Escola Pública de San André de Lourido; devagar libremente por tódolos rueiros, camiños e sendeiros, e desentarme o pé do Cruceiro do Casco, a hora do crepúsculo, lembrando a:

Os que naceron en Madrid,

a os que naceron na Andalucía fermosa,

a os que naceron na Valencia deleitosa,

a os que naceron na Cataluña soñada.

Eu nacín en Fornelos da Ribeira,

Total: ¡Case que nada!