Xabier Toba
Recibo hai uns días unha chamada do diretor da Peneira reclamando-me un artigo que achegue aos leitores e leitoras da revista, a celebracióndo 25 de Xullo, o Día da Patria Galega.
Para mín este ano será un ano máisque asisto ácelebración do Día da Patria, maisserá tamén un ano diferente. Todos o son.
Teñen pasadomoitos anos dende aquel 1976 no que un mozo que adoitara con plena conciencia asconvicións galeguistas e socialistas, facendo parte de ERGA,acudira a Santiagopola primeira vez.
Foi aquela unha celebración prohíbida, perseguida, ilegal como lembraran amigos e amigas que tamén estiveron alí . Logo houbo máis. Ilegais primeiro, toleradas despoise ao fín completamente normalizadas
Ausenteime soen duas ocasións. Nunha delas pola morte dun familiar, un mozo con toda a vida por diante ao que se lle quebrou o corazón. A outrafoi cando aconteceu o terribel acidente da curva de Angrois, unha traxedia provocada pola suma da incompetenciae do abandono que sofren as infraestruturas ferroviarias na Galizadende sempre, e que espantouGalizaenteir
a.
Este ano non faltarei á cita, esa que cada ano convocanos aos que estamos identificados e comprometidos coa existencia e a pervivenciade Galizae que anseiamos a nosa soberanía. Velai o noso compromiso, ocompromiso dosque sabemos que o 25 de Xullo é a cita anual, o final e o inicio dun novo ciclo no que se anovan as nosas ilusións, a nosadecisión de facer Galiza.Na Praza da Quintana, e logo de percorrer as rúas da capital de Galiza, celebraremos esa asembleia aberta comoxuramentadospartícipes dunha ideia coletiva e xusta.
Decía-vos ao inicio, que este ano, coma todos, tamén serádiferente
En primeiro lugar porque imos ser recibidos por unha alcaldesa nacionalista, Goretti Sanmartín, que quere iniciar o seu mandato reclamando o espírito galego e galeguista da celebracióndo Día de Galiza.Forzae moita sortecompañeira!
Ademais, sen dúbida este ano, a nosa convocatoria, estará de algún xeito definida pola celebración das elecións xerais o día 23 de xullo. Seguro que iremos a Santiago á sombra dos resultados que motivaran as nosasreflexións eos nosos sentimentos
.Non é tempo de xogar as adiviñas cos resultados. Agora, cando escrebo estas palabras, é o tempo da campaña, da axitación, do convivio a amigos, amigase familiarespara animar á participación e a votar en galego, para o ben de Galiza e para deter o impulso reacionario alimentado dende Madrid.Para votar BNG.
Eu agardo esperanzado que ese día poidamos celebrar un bon resultado para o nacionalismo galego e ao tempo, un resultado que alonxe do noso presente e do futuro imediato a unha dereita intratabel entregada aos setores ideolóxicos máis radicais, máis centralistas e antidemocráticos
. E por suposto desexo a costitución dun governo no que as forzas nacionalistas teñan unha influencia decisiva.
O tempo dirá, máis en todo caso ali estarei nesa asembleia que terá carater de celebración entodo caso mais tamén de conxura,de civil ato de fraternidade, decompromiso con Galiza, coa liberdade e coa xustiza.
Un apunte final. Escribo estas palabras xustamente o día 12 de xullo de 2023. Xustamente o 12 de xullo do 2020, celebraban-se as elecións galegas convocadas por Alberto NúñezFeijóo,por certo, o mesmo que agora rexeita a convocatoria eleitoral do 23 de xullo.Sencomentarios
Pois ben esteDía da Patriaresulta especialmente importante por canto nos próximos meses celebraran-se elecións na Galizae teremos a oportunidade de escoller un novo Parlamento que posibilite a eleción dun governo galego presidido por primeira vez por unha muller: Ana Pontón.
Os nacionalistas precisamosunha grande movilización este 25 de Xullo.Compre facer un supremoesforzo para que a concentración da Praza da Quintana sexa unha grande asembleia que impulse a consecución dese obxectivo.
Conxurémo-nos pois este 25 de Xullo Día da Patria Galega na Praza da Quintana para a consecución dese novo governo galego.