A Folga do Metal

A Folga do Metal

As imaxes que ilustran esta nova corresponden ás feridas, resultantes da carga policial, que sufriron varios dos manifestantes que participaron nalgunha das concentracións que as distintas centras sindicais convocaron na recente folga do metal. Estas persoas non son delincuentes .Son traballadores e traballadoras que protestan na procura dunhas mellores condicións laborais. Exactamente igual que o fai calquera colectivo cando sente lesionados os seus dereitos, os policías tamén. E esta non é unha forma correcta de solucionar un conflito laboral, que se debe de abordar nunha mesa de negociacións.

Na vida cada un é moi libre de escoller o lado no que situarse, ou incluso de elixir mirar a outro lado. Nós cos traballadores e traballadoras do metal.