HOCUS POCUS
Este décimo séptimo fragmento do diario de Senlúa Arraiana foi recuperado e adiantado ao noso tempo por Noitepedralonga, fiel camarada do avó da futura líder da resistencia arraiana.
Os partes de guerra e peticións de subministracións atrincherabanse belixerantes na miña mesa. Collín con desgana un ao azar e descendín perezosamente por el, saltando de renglón a renglón buscando a diagonal de saída con apresurada impaciencia. Alerguei o brazo para depositar a petición na bandeixa de curso ordinario cando o hastío rachouse co meu subconsciente mascullando un dos nomes cos que me tropecei entre renglóns.
Baixei as pálpebras intentando evocar as lembranzas asociadas a ese nome pero o meu cerebro parecía contaxiado pola parsimonia do paladeo dun sibarita e non daba dixerido o significado. Abrín os ollos para ler de novo e un murmurio asomou entre os meu dentes: “hocus pocus”. De súpeto como atravesado por un lostrego, o meu corpo tensouse mentres o meu corazón latexaba desbocado. Cando recobrei o dominio de mi mesma sorprendínme de que o despacho non estivera asolado por unha catástrofe sísmica e ninguén estivera aporreando a porta. Forzando ás miñas pernas a obedecerme fun buscar a Gataparda.
Durante os últimos días maldecía a hora na que ofrecinme a Prusiana para axudar na coordinación do estado maior do posto avanzado do exército rebelde. Debiame gardar algunha porque me destinou á administración de intendencia. Aínda me escuece o seu sorriso co que acompañou a súa sentenza – así te enterarás de como funcionan as entrañas do sistema. Nos días posteriores cheguei incluso a mudar o meu odio cerval aos burócratas por un ápice de admiración. Claro que isto nunca o recoñecerei abertamente.
Atravesei o salón de operacións devorando con ansiedade os pasos que me separaban da miña compañeira e aparteina bruscamente do grupo co que animadamente conversaba. -Hocus Pocus- silbei as sílabas entrecortadas polo meu resuello. Volvín a pronuncialas palabras de vagar ante a cara de incomprensión de Gataparda. Está vez surtiron efecto e ficou a mirada en min co ceño fruncido. -Por que me recordas agora a miña avóa?- espetoume con rudeza.
Hocus Pocus transcedera máis alo do mero alcume da nai de Gataparda, este binomio de palabras convertérase no saúdo entre os primeiros arraianos. Quizás en lembranza da muller que despois do desastre planetario refundo o ecoloxismo e o humanismo coa súa profundidade de pensamento e alumbrou a esperanza dun altermundo, ou quizás por todo o que quedou atrás no éxodo. O saúdo caera en desuso cando eu era aínda moi cativa, pero na miña memoria aínda pervive o misticismo con que a miña avóa pronunciaba estas palabras imitando un marcado pizzicato cando se cruzaba con algún dos fundadores do noso pobo. Para eles, hocus pocus, conscitaba o espiritu de loita arraiano contra o pandemonio da colmea.
Non fun tan temeraria como para botarlle un pulso a impaciencia de Gataparda e apresureime a contarlle o meu descubremento. No informe dunha patrulla fronteriza que acaba de ler mencionabase unha curandeira á que os lugareños chamaban Hocus Pocus. A patrulla perdida nunha tormenta de area, buscaba refuxio e reposo para varios dos seus milicianos aqueixados dunha alta febre. Achegaronse a pequena vila onde recibiulles a propia curandeira. No informe, o comandante da patrulla adicaba todo un pasaxe a impresión que lles causo a imaxen de Hocus Pocus, na súa cara avellentada parecía deterse o tempo, como se este se refuxiara en cada arruga cincelada na súa cara. Os seus hipnóticos ollos parecían acumular toda a sabiduría do universo. Alta e desgarbada, cunha espesa e longa cabelleira branca enfeitada cunha diadema de escuros abalorios que cubría o seu corpo medio espido. A madre terra encarnada, concordaron todos os integrantes da patrulla.
A miña amiga tardou uns intres en responderme, estaba completamente atónita, e cando por fin se decidiu a falar tardou uns segundos en convertir o son inicial que saiu da súa gorxa en algo intelixible. -Non pode ser, tería máis de cen anos de estar viva. A familia de Gataparda era de facto unha academia de seguidores das ensinanzas da súa avoa, aprendían a ler cos seus textos e rexían a súa vida polo decálogo de máximas que Hocus Pocus creara como eixos ecosociaís na construcción dun novo mundo. Un decálogo sobre o que se cimentou a idiosincrasia arraina.
Accedín sen dilación a acompañar a miña amiga na encomenda de atopar a súa avoa ou alomenos dilucidar que había de certo no informe da patrulla. Non o dubidei nin un momento, non ía a deixar sóa a Gataparda, ademais a súa avoa tamén era unha referencia para min e recoñezo que debecía por fuxir do tiranico tedio do departamento de intendencia.
Fixemos indagacións na comandancia de patrullas para saber a ubicación da pequena vila. Os informes eran pouco concluintes pero poidemos delimitar unha área situada ao nordeste da nosa posición onde suponíamos tivo lugar o encontro. Era un territorio remoto e agreste dentro da zona montañosa chamada Penedo da Moo, moi alonxado das rutas comerciais polo que careciamos dun camiño seguro para a nosa expedición. Era o momento de falar con Prusiana, quen mellor que a comandante en xefe do exército rebelde para axudarnos na nosa empresa de atopar a avoa de Gataparda.
Mentres poñiamos ao corrente do acontecido a Prusiana, decateime dos sentimientos encontrados que se reflictiron no seu semblante. Así como iamos avanzado no relato do noso descubremento e posteriores indagacións, a faciana da nosa amiga foi perdendo o porte dun xefe militar que escoita o informe dun subalterno para caer presa da expresividade característica do mohín dunha rapariga que escoita ás súas amigas adentrarse nunha aventura na que ela non pode participar.
Primeiro procurou disuadirnos calificando de temeridade o noso propósito. Logo foi taxante respecto a imposibilidade de destinar un batallón para escoltarnos e enumerounos todos os perigos aos que nos expoñiamos. Prusiana sabía da futilidade dos seus intentos. Os seus argumentos eran tiracroios contra o muro do noso empeño. Finalmente accedeu a asignarnos parte da súa guardia persoal como escolta. Entre suspiros indisimulados por ser a terceira en discordia, aconsellounos unirnos a algunha caravana comercial que partira na mesma dirección e manternos ao seu resgardo todo o camiño que poideramos. Ela mesma intercedeu ante unha clan de trapeiros para que nos acolleran na súa caravana. Ninguén a este lado da fronte osaba contrariar a Prusiana sen un bo motivo.
A caravana de mercaderes parte mañá cedo e a nosa amiga non necesitou insistir para que accederamos a unha cea de despedida. Na sobremesa, Prusiana non agochou o seu desexo de coñecer máis sobre Hocus Pocus. Lembraba escoitar a súa nai pronunciar ese nome con gran admiración pero ela descoñecía o porque da fascinación que embargaba as menestrales ancianas cando algunha susurraba Hocus Pocus como se invocara a unha divinidade.
Quen mellor que nieta da lenda para iluminar a Prusiana sobre as súas ensinanzas. Abandonei a mesa deixándoas enfrascadas na conversa e adentreime no xardín para baixo o influxo do lúar pór negro sobre branco todo o sucedido hoxe.