COUSAS DE SALVATERRA, Guerra de Restauración Portuguesa, 1640 –1668

Artigo Salvaterra
Antón Lourenzo, veciño da Vila
Antón Lourenzo, veciño da Vila

Neste capítulo XI, imos ver como despois dos preparativos que mandou levar a cabo o recién elexido Xeneral, para as operación militares da rexión do Minho, Joaõ Rodrigues de Vasconcelos Sousa, Conde de Castel Milhor, en sustitución do anterior, Don Gastaõ Coutinho, acométese a importante operación militar da conquista do Castelo de Salvaterra.

O Mestre de Campo Viole Datis, tiña maquinado a maneira de escalar as murallas da vila de Salvaterra na Galiza, oposta á de Monção en Portugal. Para ese fin, antes da chegada do Conde a esa Provincia, mandara fabricar barcas que tiña escondidas nunha enseada do río Miño, unda a aldea de Vila Nova, distante un cuarto de legua de Monção, (unha legua equivale a 4,2 km.), filigresía de Troviscoso.

Despois de varias inconvenencias que se presentaron, chegado xa o Conde, concluiu este que o asalto se dera no último día de Maio de 1643, para o cal todo foi preparado a concencia, discretamente. Para que o intento non fose descuberto, nin tan siquera o Conde o desvelou até chegar a noite do propio día por él escollido.

Para evitar que os espias dos galegos adiviñaran as súas intencións incluso preparou unha viaxe a Ponte de Lima, distante da raia seis leguas. O vintenove de Maio finxiu recibir unha carta de D. Joaõ de Sousa, Gobernador das armas da Provincia de Tras os Montes, pedíndolle socorros por estar os galegos perto. Mentras tanto escribiulle ó Mestre de Campo Viole Datis, que estaba en Vila Nova de Cerveira, con orden de que con toda brevedade tirase quinientos Infantes daquela praza e con eles marchara face a Monção, que fixera alto hata él chegar, no lugar chamado Nossa Senhora dos Milagres. Atópase este lugar a media legua de Monção, outro tanto de onde os barcos estaban.

Chegou o Conde no mesmo día, finxiu que o 31 había de estar en Melgaço, tres leguas distante, camiño direto a Chaves, para ordear a expedición da xente de socorro que supostamente ese mesmo día había de marchar. Para maior eficacia da maniobra de distracción, mandou incluso que lle prepararan o carruaxe.

En secreto, deu orden a un soldado francés por nome Labarta, que fose a recoñecer os barcos e os tivese a punto, e a Gaspar Lobato de Lãnçós, natural de Monção, que rexía as armas da fortaleza de Lapela, conducir daquel lugar os barqueiros necesarios. Un e outro obraron con dilixencia de modo que ás duas horas após a media noite, estivera todo listo, barcos e barqueiros. Ás mesmas duas horas saiu o Conde da Vila, levando consigo a Francisco da França Barbosa, Tenente do Mestre de Campo e Luís de Oliveiros Famel, Sarxento Maior, escollidos como asistentes da súa persoa.

Atopouse que ainda o Mestre de Campo non chegara o punto convido e houbo de ir a súa procura. Encontrouno xa marchando, deulle ó Conde explicacións por terse detido para organizar e aquietar as competencias entre capitáns e repartir os soldados en seccións, eran tan valerosos que todos querían ir na vangarda. Cesou todo coa chegada do Conde, foron tres as seccións a cargo do Mestre de Campo Viole Datis, Francisco da França Barbosa e do Capitán Christovão Mauzinho de Vasconcelos, sendo cada seción duns vintecinco Infantes, para franquear o desembarco das tropas, gobernadas estas polos Capitáns Monsiur Maruila Frãces, Antonio de Queirós Mascarenhas e Rodrigo de Moura Coutinho, para a entrada nomeou o Conde por Sarxento Maior a Monsiur Roque Mont.

Para o traslado dos Infantes os barcos resultaron insuficientes, na primeira enta entraron uns douscentos cinconta, non colleron máis debido a certa falta de orde. Trasladaron tamén ó Conde o cal organizou a toda presa o regreso dos barcos a recolleren o resto dos Infantes.

Navegando polo río, foron descubertos polos vixías galegos, que o longo del estaban apostados en cabañas. Culparon dese inconvinte a pouca disciplina, visoñez e falta de experiencia dalgúns infantes que non fixeron caso do aviso de iren quietos e calados . Lanzando gritos de “o río”, “o río”, deron os galegos a alarma e repicaron os sinos nas campás, que non foron de moito proveito, pois os portugueses, chegados ó punto escollidodo polo Conde, saltaron a terra, subiron rapidamente polas trincheiras a peito descuberto, e na primeira carga, foron matando galegos, entraron a sangue e fogo. Con desmaio deles polo arrebato e ímpetu dos portugueses, estes gañaron a praza e pondo en fuxida os séus antigos moradores, fixéronse señores dela.

Era Gobernador daquela vila Gregorio Lopez de Puga e Quiñones, dalí mesmo natural. Defendeuna con grande valor até dar a súa vida, en troques da de dous portugueses, dos primeiros caidos os seus pes, un deles chamábase João Sanches de Moscoso, natural de Monção, xoven duns dezasete anos que vendo o seu compañeiro caído, envestíu o tal Gregorio Lopes, pero correu a mesma sorte recibindo unha estocada pola boca.

Derrotado por completo o exército galego, tomada a praza de Salvaterra por toda a Infantería portuguesa, (con presteza acudiran os barcos a procuda do resto dos soldados, apostados perto do mosteiro das freiras de San Francisco de Monção e fóronos desembarcar onde o fixeran os primeiros, unda as laranxeiras do Conde de Salvaterra). Nesta segunda enta foron mandados polo Sarxento Maior Luís de Oliveiros Fámel e o Capitán Antonio Rodríguez.

Dous barcos ficaron encallados co peso da Infantería perto da ribeira, ós gritos destes e dos barqueiros, acudiu o Conde que estaba nun cabalo, lanzouse de presa, meteuse na auga até os xeonllos e entre él e os axudantes empurraron os barcos polos hombros até facelos vogar.

Pasados estes primeiros momentos de nervos e confusión, asestando un gran golpe, ordenou o Mestre de Campo a Roque Mont que formara na praza de armas un batallón, tomáronse medidas para guarnecer os postos que máis parecera convir. En tanto que a vila estaba xa por El Rey, pasou o Conde a ela , recoñeceu os lugares máis elevados e torreóns para ver de poder defendela con eficacia, e pondo os ollos no futuro, …a posibilidade de ser Salvaterra a porta aberta para conquistar Galiza toda.

Máis pronto se decataron da súa febleza na retagarda, carecían de Infantería suficiente, gastadores, artillería, nin siquera auxilios da provincia que viñeran no seu socorro. Posto este inconvinte en deliberación e consulta do Mestre de Campo, seu Tenente Xeneral, Sarxentos Maiores e Capitáns, votaron por escrito, xuntos na capela maior da Igrexa Matriz, a conclusión de que por entón non conviña manter no poder aquela praza. Solo se resolveu arrasar a vila con resgardo das igrexas.

Esta reserva, a do resgardo das igrexas, xa se tiña observado cando indo o Capitán Christovão Mauzinho de Vasconcelos, por orde do Mestre de Campo, reconhecer con unha compañía de soldados o mosteiro de S. Francisco, para evitar que se fortificasen nel os galegos, apareceulle o Prior e os seus Frades, co Santísimo Sacramento nuha Custodia descuberta para obligar a Portugueses e Franceses a aplacarse da ira que a todos amenazaba. Levou o Capitán ós Relixiosos ante o Conde, pedíronlles estes humildemente que non lles fore feito agravio algún. Respondeu o Conde coa súa afabilidade natural, que se sosegasen porque as armas do seu Rey non ofendían, máis ben defendían as Igrexas, que tan solo ante os enemigos da fé se mostraban implacables.

Tomáronse 6 bandeiras, muita pólvora e balas, non atoparon artillería, (esta fora retirada facía pouco tempo e levada para defender Tui). O botín foi grandioso en prata e ouro, sedas de toda clase, cantidade de panos, telas, medias de seda de mercaderes que alí había. Unha tapicería que había na igrexa, non parecendo algo sagrado, enviouna o Conde ó Santuario do Bom Xesús de Valença e unha lámpada de prata enviouna a Igrexa Matriz de Monção.

Fixeron prisioneiros a tres persoas de maior importancia, entre elas Gonzalo de Puga e Quiñones, tío do Gobernador morto, quen despois morreu tamén na prisión do Limoeiro de Lisboa. Os demáis deixounos ir o Conde por non teren interese. Atoparon tamén moito pan, viño, aceite especiería, todo xénero de roupa, e elementos de fábrica de casas, todo o demáis ardeu.

Descubríronse algúns espías traidores, xente vil, entre elas unha en especial cuxo apelido non era tal, senón que era o alcume do seu avó, (a quen coñeceu o autor desta narración). A uns mandou o Conde “tratear”, torturar e azotar para castigo seu e exemplo ós demáis. A un dos presos levouno a Lisboa o Capitán Mathias Osorio Ranguel, quen tamén interviú na toma de Salvaterra.

Para organizar a retirada ficaron os Capitáns Antonio Ferreira e Antonio Rodríguez con extremado valor na retagarda, dando e recebendo cargas. Porque xa neste tempo viñan os galegos con tropas de Cabalería e Infantería acudindo en socorro, (xa transcurriran máis de dez horas desde que se ocupara a praza). Na retagarda matáronnos oito homes, nos a eles máis de trinta alén de moitos feridos, dentro da vila e na campaña, os demáis escaparon polo beneficio da fuxida.

As bandeiras enviounas o Conde a El Rey, polo Sarxento Maior Roque Mont, das cales mandou súa Maxestade dúas o mosteiro do Carmo de Lisboa, dúas a San Luís e unha a Santo Antonio, en cuxa capela maior foi depositada no mesmo día do Santo e en presenza Del Rey noso Señor.

Salvaterra, 17 de agosto do 2022

(Crónicas da guerra Duriminia, Dr. João Salgado de Araujo, Lisboa 1644)