
Manuel Celso Garrido Rodríguez,activista político durante aRepública, escasamente coñecido, e hoxe homenaxeado polo xornal, ANova Peneira ¡A Nosa!, que se fai grande na elaboración deste artigo,por certo, tan escasos. A excepción da súa inclusión no Dicionario daLíngua Galega, Tomo 1 (Autores); e na ponencia, sobre a súa vida eobra, presentada por Marivel Freire Freire, no Congreso Internacional OExilio Galego, celebrado en Compostela, e no Libro “Protagonistasdunha epopea colectiva” de Lois Pérez Leira.
E, como non debe permitirse que a súa obra e vida, pase desapercibida,aquí está A Nova Peneira ¡A Nosa!, como portavoz do que fixera o BNG en A Merca o 24-04-1.999, coa participación de Millán Picouto e LoisPérez Leira, para quen van os nosos recoñecementos. E, non poderíamosdarlle mellor final o artigo que o suscrito pola súa filla Rula falandodo seu pai.
Estamos todos con el, porque “foron para sempre tempos nos que osgalegos, coma coitadiños, coma quen pide esmola, pregábamosmanseiñamente o que tiñamos dereito incuestionable a lograr e exixirsen contemplación”.
Agradecemos A Nova Peneira ¡A Nosa!, e a súa filla Rula, a súacolaboración, esperando que dende “O Condado de Salvaterra doMiño”, comparta con nós, unha cunca de viño albariño con unharación de polbo a feira, ata a localidade de A Merca. Que saibaRula,que o seu pai Manuel Celso Garrido Rodríguez, está nos“Exiliados Galegos” da Federación de Sociedades Galegas daArxentina, asi como no achegamento de Marivel Freire Freire, coa súaobra e vida.
Non esqueceremos aqueles principios do século XX, do noso Manuel Celso,tan parecida a nosa infancia e xuventude, menos o exilio a Chile o25-12-1.957, pero nos quedamos coa lembranza da súa nai: A mi atacoumeun adarme de insomnio e voei imaxinariamente a miña terra natal, e amiña infancia; sentín fisicamente o instante o vo alegre das campásda miña aldea. As vin voltear na esvelta espadaña, e escoitei ¡Porfin! Entre soño a voz suave da miña nai, que me dicía cariñosamentede cando era neno: “Celsiño se sempre bo, se sempre bo e serásfeliz”. E arrollado no seu consello, me durmín.
Dezasete anos maior que eu (4-11-1.915) en A Merca, eu, (17-01-1.932) enFornelos da Ribeira, está vixente ser demócrata, cristiá e anteclerical. E venme a memoria aquela frase: Ser cura non é cal quercousa, e fai mais dano a relixión un ministro perverso, dos quedesgraciadamente temos, que os ateos. Cal quer cousa menos cura. Asitamén me pasara a min.
Lémbrome da súa militancia activa, baixo a figura de don Ramón OteroPedrayo, asi como da súa xuventude defendendo a república,politicamente de esquerda republicana, partido burgués de esquerda,sendo inimigo dos totalitarismos da cor que sexan.
Lémbrome hoxe, aos meus anos, daquela mañá de xuño do 1.940 candocon dous republicanos cautelosos cos pes e o corazón dorido íascamiño do exilio, buscando a liberdade. Viaxe difícil porque na súaterra non podía vivir asfixiado espiritualmente.
¡Saúdos irmás! Saúdos. As ideas non se matan.
Por iso, lémbrome do seu primeiro artigo no Semanario, Galicia:Evocación triste dun refuxiado. E tamén, porque a nosa xente emigrantehaina que falarlle e darlle noticias da aldea.
Amigos: A súa presenza garimosa e inesquecible, nos fai felices,optimistas e eternos para sempre.
Felicitamos A Nova Peneira, ¡A nosa! Por deixarnos revivir todo aqueloque deixamos atrás, para que serva de sementeira, e que nos deixe caera semente, que mañá, posiblemente, pode ser fartura e ledicia narecolleita.