

A crise sanitaria orixinada pola pandemia do Covid19 co seu crudo drama humano copou toda a atención mediática relegando a un sombrío e perigoso segundo plano á emerxencia climática. Nembargantes desta pandemia é a súa superación podemos aprender unha lección esencial para enfrentarnos a crise climática. A sociedade a nivel mundial foi capaz de organizarse, mudar hábitos e regular as actividades económicas para aminorar as consecuencias da pandemia. Superar a crise climática vai solicitar un esforzo aínda maior pero acometeremolo coa certidumbre de que somos capaces de levalo a bo término.
Nas poucas semanas que destronamos ao automóbil vimos uns ceos límpidos sen que o chan se abrira baixo os nosos pés. Temos que adentrarnos na nova normalidade mantendo o coche confinado. Durante os últimos trinta anos entregámoslle a cidade ao automóbil. Resultado: duplicáronse as distancias cubertas polos cidadanos para desenvolver a súa vida cotía. Levamos decenios construindo cidades difusas duin acto impacto ambiental que se expanden sen presión demográfica e que se afastan cada vez máis dos seus habitantes. Cidades zonificadas, cun uso especializado do chan onde se concentran un único tipo de actividade ou servizo: oficinas, ocio, universidade, centros comerciais… o que multiplica os deplazamentos necesarios para a cidadanía poda satisfacer as súas necesidades e desexos.
Convertimos ao automobil no dono da cidade e este foi devorandoa pouco a pouco, esixindo cada vez máis espazo como unha bomba lenta cuxa onda expansiva traslada os edificios e actividades a varios quilómetros á redonda, destruíndo a convivencia e a comunicación entre os seres humanos. Todas as políticas urbanas e de transporte foron orientadas sempre a favorecer e fomentar o uso do automóbil, mentres o resto de medios de transporte ían no vagón de cola.
Non podemos seguir enchendo as cidades de asfalto e formigón, tiznadas de fume e coa voz dos seus habitantes afogada polo iestruendo do tráfico. A cidade se baleira por dentro, se afasta da nosa vida e acumulamos avenidas, tuneis, escalextrics… polos que salvar as súas longas distancias sen medir o impacto ambiental. Temos que deixar atrás a interpretación da mobilidade desde o trasnochado desarrollismo. A mobilidade é só un medio para garantir a accesibilidade das persoas aos lugares necesarios para desenvolver a súa vida. Temos que romper coa lóxica do asfalto e cuestionarse o espazo físico, aplicar medidas que promovan a pacificación do tráfico e repartan de forma equitativa a urbe. Hai que achegar a cidade ao cidadano. Temos que atopar un modelo de cidade baseado nas persoas e súa convivencia no vecindario para poder seguir acariñando un ceo límpido.
Temos moitas tarefas pendentes empantanadas nos recovecos dos gobernos. O venres 5 de xullo as ecoloxistas saimos ás rúas nunha nova acción global para esixir que o goberno e a sociedade retome o pulso a emerxencia climática. Saimos para facer un chamamento tanto á xente concienciada para que non esqueza a folla de ruta climática, como a esa minoría negacionista para que saquen as súas cabezas da caverna ideolóxica, miren ao ceo e inspiren este aire prístino sen fumes antes de que se lancen ao pasado.
Adentremonos na nova normalidade sen as mochilas do pasado. Non sexas dinosaurio e únete á Rebelión polo Clima, súmate á acción deste 5 de xuño pola vida no planeta.