Non debemos calar
Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero Veñen uns tempos precisos de insubmisión ou de silenzo. Si,...
Read More
Select Page
Posted by Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero | Set 23, 2024 | Artigos de opinión |
Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero Veñen uns tempos precisos de insubmisión ou de silenzo. Si,...
Read MorePosted by Redacción A Nova Peneira | Set 23, 2024 | A Louriña |
A subvención, de 411.928€, servirá para formar a vinte persoas durante nove meses
O Concello de Salceda de Caselas vén de recibir a comunicación da concesión dun novo obradoiro dual de emprego para desenvolver entre decembro de 2024 a setembro de 2025. Neste caso serán vinte as persoas que formen parte como alumnado traballador, distribuídos nas especialidades de albanelería e carpintería de madeira.
Durante os meses de funcionamento do obradoiro, ademais de recibir formación teórica, o alumnado traballador levará a cabo tarefas de recuperación e posta en valor dos canastros da Arrotea (A Picoña), os lavadoiros de Fontán (Parderrubias) e da Costa da Prata (Entenza), a Fonte do Rial (A Picoña) e o Pozo da Feira (Santa María). Ademais tamén se levarán a cabo tarefas de recuperación dos valados e paneis das diferentes sendas existentes no municipio.
A Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, amosou a súa satisfacción por esta boa nova “que ademais de ser unha excelente oportunidade para vinte persoas, vai supoñer tamén importantes melloras no noso patrimonio”.
O equipo de goberno apostou nesta ocasión pola recuperación e posta en valor de diferentes recursos patrimoniais e naturais do Concello, presentando proxectos que se axustasen ás características do obradoiro e que puidesen ser efectivamente realizados por parte do alumnado traballador, sempre baixo a dirección do persoal docente e técnico pertinente.
O obradoiro que agora se concede botará a andar unha vez rematado o que nestes momentos está vixente no Concello de Salceda, onde outras vinte persoas se están a formar nos campos da albanelería e da carpintería, desenvolvendo diferentes proxectos para a veciñanza de Salceda.
Posted by Artigos Opinión | Set 20, 2024 | Artigos de opinión |
Josep Bofill i Molfullada naceu en Catalunya a mediados do século XIX, trasladándose a Galiza polos negocios empresariais dos seus pais.
Read MorePosted by Aarón Franco | Set 20, 2024 | Vigo |
Vigo, a cidade máis grande de Galicia, enfróntase a unha crise de vivenda que, lonxe de atopar solucións, se agudiza co paso do tempo. Mentres os prezos de alugueiro e compra se disparan, as respostas das autoridades locais e autonómicas mostráronse insuficientes e, en moitos casos, meramente simbólicas
Read MorePosted by Artigos Opinión | Set 19, 2024 | Artigos de opinión |
O Concello de Mos non fai máis que acumular trompazos e intentar facer defensas de situacións que son indefendibles, a lo menos para calquera persoa cun mínimo de decencia e de sentido común.
Read More