Outro trompazo para o Concello de Mos

Victoria Alonso voceira do PSOE de Mos
Victoria Alonso, PsdeG PSOE Mos

O Concello de Mos non fai máis que acumular trompazos e intentar facer defensas de situacións que son indefendibles, a lo menos para calquera persoa cun mínimo de decencia e de sentido común.

Vimos de coñecer unha nova na que se di que a Confederación hidrográfica vai sancionar o Celta polos vertidos na súa Cidade Deportiva, compre recordar que este feito xa o denunciou a Asociación Ecoloxistas en Acción no seu día cas probas feitas tras analizar a augas sobrantes que estaban sendo vertidas ó monte. Naquel momento e coñecendo a posibilidade de tales feitos, a asociación procedeu a facer analíticas das augas que contan ca supervisión de expertos e que non deixan lugar a dúbidas.

Tras aquela denuncia, o Concello de Mos saíu o paso cuestionando tales feitos y dicindo que tamén tiña probas de que a auga non estaba contaminada. Dende a nosa bancada socialista preguntamos no pleno, sobre que opinión tiñan no Partido Popular a denuncia sobre os vertidos contaminantes e se nos respondeu que se fixeron probas e que estaba todo correcto. Probas que nunca chegamos a ver porque a transparencia é desas cousas que non terminan de poñerse en marcha no concello. Tamén preguntamos se ditas probas íanse repetir cando se producisen choivas, xa que esas verteduras producíanse para aliviar as tubaxes vertendo o monte pero non obtivemos ningún compromiso.

Agora coñecemos que a Confederación sanciona o Celta por tales vertidos contaminantes, é dicir, recoñece a veracidade dos mesmos. E tamén ven a recoñecer que se están vertendo o monte augas contaminadas con restos fecais e pesticidas, augas que están preto de pozos que fornecen de auga a parte da veciñanza e preto de zonas de vivendas. Demostrando tamén, que aquelas reclamacións que se fixeron nun primeiro momento alertando de posibles problemas que podían acontecer, están acontecendo. Demostrando tamén que os que falaban con coñecemento de causa por haber escoitado os técnicos, estaban avisando de situacións reais.

Preguntámonos agora pola resposta que vai dar o concello. O xusto sería recoñecer o que xa sabemos, é dicir, que están facendo unha defensa férrea do Celta ante todo. Dicir tamén que polo capricho de alguén ou de certa muller ó fronte da institución municipal por sacar adiante este proxecto, ten eivas e cada día demóstranse máis. O que está claro é que foi un capricho de dita muller, que as ínfulas de grandiosidade que ten fixeron que quixese sacar a diante o proxecto como foxe. Así se demostra que empezasen mal, con licencias a cachos para ir construíndo a toda presa, que se fixese despois un plan parcial e que convencese as autoridades da Xunta de que o xestionasen cando xa non foi capaz de continuar dende o concello.

A realidade é que as consecuencias de facer as cousas mal, as pagamos a veciñanza. O afán de protagonismo e ínfulas de poder ten consecuencias para todos os demais. Ata día de hoxe, os clubs deportivos de Mos non poden adestrar en ditas instalacións, así que non cumpriron. Non reportou beneficios económicos para a veciñanza nin axudou a crear empregos, outro engano. Non tiveron un trato xusto urbanisticamente. Hai problemas de tráfico na zona, xa que a maior parte dos que acoden as instalacións aparcan na estrada. Cúmprese co prognóstico de que os pesticidas usados nos campos ían afectar as augas, e tamén se cumpre co prognóstico de que o proxecto incluía tubaxes salientes que eran aliviadoiros e que o Concello sempre negou. Pregúntamos cal vai ser o próximo paso do Concello para facer un lavado de imaxe da cidade deportiva.