O trixésimo fragmento do diario de Senlúa Arraiana

Cristóbal López A Nova Peneira
Cristóbal López Pazo | Comuneiro dos montes de Tameiga, militante de anticapitalistas, ecoloxista en acción e veciño constituínte da asemblea veciñal gañaMós

Este trixésimo fragmento do diario de Senlúa Arraiana foi recuperado e adiantado ao noso tempo por Noitepedralonga, fiel camarada do avó da futura líder da resistencia arraiana

Fría, deserta e terriblemente silenciosa. Adentrámonos en Vilania co sol xa raiando. Malandrea mais eu encabezábamos unha das columnas de asalto. Sixilosas bulíamos polas rúas pegadas a liña da fachada das casas. Terranegra guiábanos polo rueiro da capital da Colmea cara o cuartel xeral de Arevaléfica. 

O noso guía, Terranegra, era un dos tres aparceiros que se ofreceran a participar no asalto. Unhas horas antes petáramos na súa porta confiando en que presentándonos acompañados de Augazul, a súa filla, escoitaríanos sen dar a voz de alarma. 

Cruzamos unha glorieta intentando ser sombras fuxitivas. Aquel espazo aberto iluminado xa polo mencer entrañaba un alto risco de ser descubertos e perder o factor sorpresa. Aliviei a tensión cruzando un sorriso con Terranegra. O aceno relaxado de complicidade do aparceiro distaba moito da faciana retorcida polo horror coa que nos recibira onte na súa casa. Tardamos en facerlles entender que non eramos unha patrulla militar da Colmea que capturara a súa filla. Non había clemencia para as familias de fuxitivas no reino de Arevaléfica. Aínda despois das explicacións da súa propia filla, os pais mantían os seus corpos protectores entre ela e nós. 

Salvamos a prazoleta adentrándonos nun estreito rueiro empedrado. A columnas ficou recobrando o alento mentres eu avancei cun pequeno grupo ate o final do vieiro desde onde se apreciaba xa a ciudadela. Advertín a Gataparda facéndonos o sinal convido na boca dunha rúa que entroncaba ao leste coa gran praza que nos separaba dos muros da ciudadela. 

Garaparda foi quen logrou serenar onte a Terranegra, agarrouno polos hombreiros e ficando nel díxolle quedamente:

-Somos o exército de Puxeiros o Negro, estamos aquí porque chegou a hora de rematar con Arevaléfica -Surtiú efecto, redondeando os ollos comenzaron a prestarnos atención. 

Os pais de Augazul entrelazaron as súas mans aliviados, libráranse do cadalso e o exército dos Puxeiros estaba allí para rematar co terror que devoraba as súas vidas. 

Por fin asomou Portela ao sureste da praza braceando un ansiado todo en orden. Fora ela quen ideara o plan de dividirnos en tres grupos para ter máis posibilidades de adentrarnos nas entrañas de Vilania sen ser detectadas. 

-Necesitamos tres guías -exclamei en voz alta sen advertir que a miña observación faría recaer todas as miradas nos proxenitores de Augazul. Por uns intres pensei que o noso plan se tambaleaba, pero Terranegra, lonxe de amilanarse, aceptou acompañarnos. A súa compañeira, apretándolle a man, ofreceuse tamén como voluntaria sempre que deixaramos un retén custodiando aos seus fillos. Non dubidaron para escoller ao terceiro guía.

-Areafina – díxeron ao unísono. Ningunha familia de aparceiros sufrira a inquina de Arevaléfica dun xeito tan cruel como o clan de Areafina. 

Con ela contábamos para distraer aos centinelas da porta do leste. Acompañábana Gataparda con ropaxes de aparceira, quen se encargaría de reducir aos custodios do acceso directo ao patio de armas. Arefina era coñecida entre os centinelas pola infinidade de veces que acudira á ciudadela implorando clemencia para a súa familia. Rogos sempre infructuosos. Un tras outro, fillos, marido, irmans e mesmo os seus ancianos pais foron carne de patíbulo e os seus corpos expostos pendurados na praza dos supliciados. Que ela seguira viva sólo podería deberse a algún tipo de macabro xogo de Arevaléfica con quen compartira pandilla de amigas na infancia. 

Os centinelas agasallaron a Areafina con sonoras chanzas en canto advertiron que se achegaba. As groserías atragantáronse nas súas gorxas cando Gataparda desplegou as súas habilidades co cortante aceiro. 

A columna de Gataparda desaparecía xa trás a porta do leste para tomar posesión do arsenal e abrirnos o portón do servizo de abastecemento que daba a prazuela onde estaba apostada a miña columna. Unha vez que acadáramos penetrar na fortaleza asaltaríamos os barracóns para capturar ao retén de militares destinado no cuartel e impedir unha reacción defensiva. 

Unha vez que asegurada a zona deberíamos dividirnos para axudar a columna de Portela e o Roxo no asalto da nave que flanqueaba o alcázar polo oeste e que facía as veces de calabozo dos fillos retidos das familias de aparceiros represariadas. 

Intentaríamos unha artimaña parecida a da porta do leste. Desta vez sería Rosalinda a que faría saír aos guardiáns das súas garitas. A muller de Terranegra, con dous fillos e varios sobriños apresados alí, acostumaba visitar os calabozos para proporcionar viveres aos seus. Rosalinda estaba tan ansiosa de liberar e recuperar aos seus fillos como desexosa de que a operación fora limpa, sen contratempos que puseran en risco á rapazada alí hacinada.

Mentres a columna de Portela e Puxeiros o Roxo asaltaran a porta do oeste, nós completariamos a manobra envolvente penetrando no recinto dos calabozos desde as nosas posicións no interior do cuartel. 

Unha vez liberados os rapaces xuntaríamos as columnas para o asalto do alcázar no que residía Arevaléfica e culminar a nosa misión coa súa captura. 

Desde que traspasei as murallas da ciudadela adentreime nun longo deja vu sen capacidade de reacción até que me atopei nos aposentos da raiña da Colmea. Foi como se extracorporeamente me observara a min mesma no desenvolvemento de toda a operación sen poder advertirme de que algo ía mal aínda que os acontecementos se sucederan segundo o plan. 

Non atopamos resistencia na vella guardia de centinelas, foron reducidos sen apenas forcexeo. Tampouco houbo ademán de reacción no retén acuartelado. Non eran máis que petrimetres demasiado asustados pola nosa presenza para intentar ningunha gallardía. 

A única voz que rasgou o pasmoso silencio da mañá foi os quexumbrosos alaridos de Rosalinda ao atopar as crianzas demacradas nun estado físico ruinoso. Dous anos atrás foran apresadas e recluidas despois de que as tropas de Arevaléfica sofocaran a asonada protogonizada polos clans aparceiros. Rosalinda e Terranegra uníranse a revolta secundando a negativa do clan de Areafina de entregar máis da metade da colleita aos recaudadores da Colmea. 

Sen que mediara orden algunha todas ofrecimos os víveres que levábamos nas nosas mochilas para paliar a fame negra daquelas xuventudes quebradas. Deixamos a Rosalinda repartindo alimentos e agarimos rodeada no seu regazo polos seus fillos. 

Lixeiras e enardecidas acudimos ao asalto final do alcázar para dar captura de Arevaléfica e descabezar o terror en Vilania. 

Ningún retén de centinelas custodiaba o alcázar, só unha verxa de frío e calado ferro obstaculizaba o noso paso. Naquel pétreo torreón non había máis oquedade que o portón defendido por unha grosa reixa que ficaba diante de nos. Os seus goznes ditaban a lei de quen entraba e quen non nos aposentos de Arevaléfica. 

Unha algarabía na que se distinguía a voz de Malandrea sacoume do meu ensimesmamento contemplando aquela infranqueable barreira mentres desexaba que o pesadelo rematara. 

Malandrea máis a súa irmá Zafra daban voces ordenando ás nosas tropas abrir un pasillo polo que poidera acceder Xumi pilotando o seu vehículo eléctrico. 

Non me decatei do que sucedía até que o coche acelerou en dirección ao postigo. O estruendo do enreixado desvencixado polo coche foi secundado polo estridente son clavado do claxon do coche. Un réquiem monocorde polo noso Cachamuiñas. Xumi devecía por inmolarse e acadar descanso da súa atormentada conciencia. Non desaproveitou aquela oportunidade. Enganara a Malandrea asegurándolle que saltaría do vehículo antes de estrelalo. 

Apenas puiden mascullar un “que a terra te sexa leve” antes de ser arrastrada polo trasego dos nosos milicianos adentrándose ansiosos no epicentro do terror. 

Deixeime arrastrar inerme polos corredores do torreón. Nas súas paredes penduraban multitude de lienzos, alí se atesoraba todo o que a humanidade salvará da hecatombe. Estatuas mutiladas flanqueaban as entradas ás salas e en cada salón atopamos moreas de libros apilados como ladrillos nunha entullería. Como comulgaba o terror feito carne con toda aquela acumulación do acerbo cultural dunha sofisticada e decadente sociedade que rematou soterrada viva polo colapso civilizatorio que propiciou a súa incapacidade para poñer límites a súa avidez. 

As expresións de frustracións das voces das camaradas milicianas alertábanme do noso fracaso, pero foi a miña voz a que se alzou por enriba de todas confirmando a decepción. Detrás dun antigo retrato femenino que descolgara da parede había unha obertura que daba a un pasadizo. Mentres facíame cargo da situación comezaba a medrar con forza en min a idea de que o sorriso de Lisa Gherardini era a costa de nós, a mona estaba burlándose dos monicreques. 

Convertéramos en meros peóns entre dous damas que ansiaban devorarse.