O BNG reclama transparencia e participación veciñal para o proxecto da nova casa do Concello

Gustavo Barcia BNG Mos

O proceso acumula 15 anos de demora, con Nidia Arévalo no poder, dende a convocatoria dun concurso público en 2005.

A alcaldesa aínda non aclarou se vai respectar o acordo para construír a casa consistorial nas Pozas, tal como prevé o PXOM.

Mos, 29 de decembro de 2020.

A construción dunha nova casa consistorial debería ser unproxecto ilusionante que unira a toda veciñanza, pero en Mos hai moitas máis dúbidas quecertezas dende o anuncio realizado pola alcaldesa a mediados de decembro. Nidia Arévaloadiantou a convocatoria dun concurso de ideas e as redes sociais do Concello divulgaron osuposto compromiso do presidente da Xunta para a asignación dunha partida orzamentaria. OBNG coñeceu a iniciativa a través da prensa e a día de hoxe o goberno municipal aínda nonofreceu máis información sobre un proxecto que debería contar co respaldo de todas as forzaspolíticas. O portavoz nacionalista, Gustavo Barcia, entende que o secretismo en torno á nova casado Concello “é unha mostra máis do sectarismo que caracteriza ao PP de Mos”.

O anuncio de Nidia Arévalo chega con 15 anos de demora dende a convocatoria dun concursopúblico en 2005. Naquel momento a corporación municipal, co voto favorable do PP, acordara aconstrución dunha nova casa consistorial nas Pozas e así quedou recollido no PXOM. O BNGdefende a necesidade de retomar ese proxecto e adaptalo á normativa actual, algo que suporía,segundo Barcia, “un enorme aforro de tempo e diñeiro”. O goberno bipartito reservara daqueladous millóns de euros para o novo concello e negociara coa Xunta a construción de vivendas depromoción pública co obxectivo de crear un núcleo urbano no que estivesen centralizados todosos servizos. Barcia lamenta que os plans de futuro de Mos “quedaran desbaratados trala chegadade Nidia Arévalo ao poder, de forma fraudulenta, coa axuda dun tránsfuga”.

Traslado da capital municipal

Máis alá das fotos e as mensaxes propagandísticas, a opacidade en torno ao proxecto é máxima.A directiva da Comunidade de Montes da parroquia de Mos pretende ofrecer uns terreos nacontorna do Pazo para a nova casa consistorial, pero o PP aínda non aclarou cales son as súasintencións. O BNG xa anunciou a súa oposición ao traslado da capital municipal, ao entender quea construción dun edificio administrativo suporía unha degradación do núcleo histórico da Rúa,alén de ir en contra do propio ordenamento urbanístico aprobado polo goberno de Nidia Arévalohai menos de catro anos. Por outra parte, Gustavo Barcia entende que “toda a veciñanza deberíaser partícipe dunha decisión deste calado”.