O grupo municipal socialista afea ao actual equipo de goberno adxudicarse logros que non son propios da súa acción de goberno

O grupo municipal socialista afea ao actual equipo de goberno adxudicarse logros que non son propios da súa acción de goberno

O grupo socialista de Salceda reclama como seus os principais logros que o actual equipo de goberno inclúe no balance dos seus primeiros 100 días

O grupo municipal do PSdG-PSOE de Salceda de Caselas manifesta a súa total disconformidade en relación co balance dos 100 primeiros días de goberno que Movemento Salceda ven de facer público.

A voceira do grupo municipal socialista Verónica Tourón considera que é necesario realizar as seguintes aclaracións en relación ás accións de goberno que foron levadas a cabo e impulsadas polos socialistas na anterior lexislatura e que a agrupación de electores MS prentende facer pasar como accións propias do seu goberno e da súa iniciativa:

  • A apertura das piscinas municipais non pode ser considerado un logro de goberno xa que non ven a ser máis que a apertura dunhas instalacións totalmente renovadas grazas ao proxecto executado de rehabilitación que puxo en marcha o grupo socialista na anterior lexislatura, da man do ex concelleiro de deporte Rubén González. Faltaba máis, que tendo unhas instalacións totalmente renovadas a incapacidade de xestión do actual equipo de goberno non fose quen de garantir a apertura do servizo das piscinas municipais, que este ano abriu de novo só dous meses, cando co grupo socislista abriu os tres meses.
  • Respecto do sinalado en relación coas obras realizadas nos colexios para á volta as aulas, en concreto, os traballos de recuperación do aula anexa de San Xurxo, ou o cambio do tellado da aula de A Picoña, sinalar que ditos traballos foron realizados no obradoiro de emprego posto en marcha e xestionado dende a concellería de emprego por parte da ex alcaldesa Verónica Tourón, polo tanto non corresponden a xestión realizadas pola actual concellería de educación.
  • E vergoñento adxudicarse a posta en marcha das obras de ampliación do IES Pedras Rubias, obras que toda a veciñanza sabe dependen do ritmo que marque, por desgraza, a Consellería de Educación da Xunta de Galicia que é quén ten as competencias. Neste senso e de destacar as xestións imprescindibles que o persoal técnico que dirixía a ex concelleira de urbanismo Verónica Tourón, realizou para que a licenza das obra de ampliación saíra adiante e a posta en marcha actual das obras sexa unha realidade. Ademais das actuacións da que fora concelleira de ensino Gela Ledo para adecuar e habilitar as zonas de aparcamento exterior ao centro educativo.
  • Saca as cores igualmente que o actual goberno local intente atribuírse ter conseguido a concesión dun novo obradoiro de emprego, que xa foi xestionado e solicitado anteriormente por Verónica Tourón como ex concelleira de emprego a finais da anterior lexislatura.
  • En relación as festas e organización de eventos levados a cabo polo actual concelleiro de cultura, única actuación do balance realmente realizada por MS,

que menos que o actual goberno local poida cumprir coa celebración das principais festas locais como se leva facendo dende hai moitos anos. Ou a veciñanza pode entender que o actual goberno local non sexa capaz de organizar o Entroido, a Festa dos Callos ou as Festas do Cristo?

Para o grupo municipal do PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas o balance de goberno do actual equipo municipal é casi inexistente agás a súa excesiva preocupación polos seus soldos e salarios, preocupación que converteron en polémica e que non se houbese dado se houbesen tido en conta a máis que razoable e sensata proposta que os e as socialistas de Salceda lles trasladamos fai meses.

É triste que a acción de goberno da Agrupación de electores de Movemento Salceda teña que basearse na mentira e no único e exclusivo aproveitamento do traballo que xa impulsaron e puxeron en marcha as e os socialistas que formaban parte do anterior goberno municipal.

Trasladan dende o grupo municipal socialista, que “Non se pode vender o que non se fai, nin se fixo e o que é peor non se pode vender o traballo que o noso grupo municipal realizou na anterior lexislatura,señoras e señores de Movemento Salceda, gáñense o dereito de facer balance político cando poidan amosar de verdade o seu traballo, a súa propia acción de goberno que polo que vemos nestes primeiros 100 días de goberno brila case pola súa ausencia”.