
En base a liña de axudas encamiñadas a rehabilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais, en réxime de competencia competitiva, dende a bancada socialista presentan unha listaxe de ideas susceptibles de ser incluídas. Ditas ideas din ser reclamacións que se veñen facendo dende fai tempo, ademais de ser cuestións que reclama a veciñanza e a parte empresarial.
Reflexionan sobre a necesidade de dar solucións a cuestións que levan moito tempo sobre a mesa e que este podería ser un bo momento de empezar a arranxar algunha delas. Inciden nas necesidades que presenta o Polígono do Rebullón e tamén o de Monte Faquiña, que por disputas políticas non se termina de buscar alternativas e solucións.
No relativo a estes 2 polígonos as propostas son:
- Mellorar os accesos nos polígonos de Monte Faquiña e Rebullón.
- Tratamento de augas no polígono de Rebullón.
- Xestión de residuos dentro do polígono de Rebullón.
- Sistemas destinados a loita contra incendios no polígono de Rebullón.
A voceira socialista, Victoria Alonso, di que espera altura de miras por parte do goberno e que se senten a estudar estas cuestións, cousa que poucas veces fan polo feito de ser presentadas polo Partido Socialista. Pídelle ao equipo de goberno que poña os intereses veciñais por diante dos políticos e que o fin destas propostas son acadar unhas melloras para a vila. Finaliza dicindo que moita xente leva tempo facendo solicitudes nesta liña, que aproveitar esta ocasión para algunha destas cuestións podería ser unha boa decisión.