Manuel Alfonso Estévez
Os galegos de Fornelos da Ribeira hoxe, xa non sabemos, si descendemos das Loiras Godinas ou do casal do Rei Cintolo e da súa raíña Lupa, que nos fixo vivir do mar, e por iso somos tan afeccionados o “marisquiño”, penso eu.
O único que sei, como fillo de Fornelos da Ribeira é, que os galegos aceptamos sempre a tradicional filosofía do, boeno, carallo, boeno! Trasladado o rito ancestral, o monte, a memoria de virar a pedra, buscando quizais o horario das doce da noite, para as dúas da mañá, para aqueles “miróns” que xa estaban na cama, e hoxe no cemiterio.
Eran famosos os ritos da fertilidade na Ponte das Partidas, no San Martiño de Moreira, en Ponteareas; “a queimada e a augardente”, co fedorento do que ninguén sabe ben que entidade resultara delirante. Se descendemos das Loiras Godinas ou do casal do rei Cintolo e da raíña Lupa, que vivira entre o mar e o monte, sempre afeccionados o “marisquiño”, sendo da mesma relixión, so cambiando o nome dos demos, que agora teñen nome de “santos” e así mesmo da “purísima Ceres”, pasando a seguinte, sen decatarnos moito.
E o que mais nos marcou foi o espírito: Desconfianza total co demo. Así, podemos rirnos del, porque non cho toma a mal, e nos rimos manda carallo! Como dando a entender que nós, e a xente toda de Fornelos da Ribeira, nos rexemos por outros principios. Posiblemente esteamos convencidos de ser o último anel perdido daqueles tempos que aínda andamos buscando algúns, sen atopalo.
Faltaba o noso paisano Fermín Bouza Brey, nada menos que de Ponteareas, escapando das “envexas”, que os que chamaban oestrimios eran partículas celtas, lembradas a medias.
Nos temos un grande problema en Fornelos, como o resto dos galegos, que é descoñecemento e falta de fontes escritas, e como fillos que somos dicimos: Todo depende. . .
E si nos atemos as normas, “xa non somos nin mantemos o idioma falado antes do castrapo”. E se nos atemos a orixe étnica, posiblemente sexamos da Idade do Ferro, porque hai dúbidas sobre os “oestrimios” de Fermín Bouza Brey, mesturados cos “Saefes celtas”.
En todo caso, os que somos fillos de Fornelos da Ribeira, estamos actualmente o marxe da orixe étnica da raza. O que parece claro, coa influencia cultural, para identificarnos como tales. O meu entender a mestura de sangue non ten nada que ver coa “invasión” e a historia pasada.
Xa sei que existen movementos que pugnan polo recoñecemento doutros “rueiros” con influencia céltica e que en Vigo existe o Celtamanía do Real Club Celta, que serve de interpretación contemporánea e folclórica tradicional, como é a gaita e a cornamusa.
Os Saefes celtas, deben o seu nome os romanos por ter a serpente como animal e os de Fornelos, venerando as noites de Lúa chea, cantando nos eidos. E Ollo! Que non se asimilaron a ninguén. Se mantiveron en boa convivencia con todos. Agora ben: Doutores ten a Igrexa en se somos ou non somos, por falar castrapo nestes momentos da vida. Por si acaso, que a Nova Peneira, nos colla confesados!