Apoio unánime da corporación do Porriño á proposta de eu son de rexeitamento do proxecto da central do transporte da zona franca en Torneiros

eu son porriño

Solicitarase unha reunión para barallar alternativas e colaboración

O Porriño, 28 de abril do 2022

Presentamos unha moción urxente no Pleno no que se sometían á consideración da Corporación os seguintes acordos que foron aprobados por unanimidade.

  1. Amosar o seu rexeitamento ao proxecto anunciado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo a executar en Torneiros e poñelo en coñecemento da Xunta de Galicia e do Goberno de España.
  2. Solicitar urxentemente e de xeito formal unha reunión da Xunta de Voceiros e Voceiras da Coporación local co Consorcio da Zona Franca de Vigo para valorar posibles alternativas e colaboración entre o Concello do Porriño e esta institución pública que non prexudiquen á veciñanza actual e futura.

Ante a posibilidade da execución dun proxecto que comprometería a calidade de vida dunha parroquia de máis de 4.000 habitantes e a convertería nun polígono industrial, celebramos a postura de toda a Corporación. Temos moi claro que defendemos e defenderemos os dereitos veciñais e que non respondemos a outro tipo de intereses. Sabemos de que lado estamos