1º de Maio en Vigo

1 de Maio 2022 CIG
Tino Lago

O pasado 1 de maio a clase obreira galega volveu encher as rúas do país na defensa dos seus dereitos. Neste contexto terrible, no que se está a producir un xigantesco transvase forzado de rendas do traballo ás rendas do capital, case me atrevería a dicir que na defensa da súa supervivencia. Na nosa cidade desenvolvéronse 3 manifestacións. A CUT, CCOO e UGT de forma conxunta, e a CIG mobilizaron a milleiros de persoas. A continuación ofrecémoslle algunhas imaxes das dúas manifestacións maioritarias, a de CCOO-UGT e a da CIG. Teño que dicir que eu estiven en ambas, percorrinas desde a cabeza á cola de cada unha delas e malia o exercicio de fantasía do Concello, que informou de máis asistentes na convocatoria conxunta de CCOO-UGT, a asistencia á manifestación da CIG foi inmensamente superior. En calquera caso amosamos todo o noso respecto ás mulleres e homes que estiveron nas 3 convocatorias e animamos a que nunca se perda a perspectiva de clase.

CCOO-UGT

CIG