As xestorías e a crise sanitaria

No medio dun océano de incertezas e angustias case para cada ser humano, que non sabe se mañá poderá seguir abrindo o seu negocio, ou manter o seu posto de traballo, quixemos coñecer como está un dos sectores que no confinamento de marzo sufríu un impacto máis directo, en forma de multiplicación ad infinitum do seu volume de traballo , da crise sanitaria; AS XESTORÍAS, que durante aquelas semanas , case de hoxe para mañá, vironse na obriga de xestionar centos de ERTES para milleiros e milleiros de persoas. Como o levaron naquel momento?, están preparadas para afrontar unha probable situación como a de Marzo?…Para coñecer as respostas falamos con Javier Alonso, o propietario de TEMASA una das xestorías máis prestixiosas de Vigo.

JAVIER ALONSO .TEMASA

TEÑO CLIENTES PSIQUIATRAS ,QUE ME MANIFESTAN QUE TEÑEN UN VOLUME INMENSO DE PACIENTES CON EPISODIOS DE ANGUSTIA EXISTENCIAL DERIVADOS DA SITUACIÓN SANITARIA”

Deondees ti?

Eu son de Vigo

Cal é a túa formación académica?

Son economista

Onde estudaches?

En Vigo, que daquela era campus da Universidade de Santiago, e en Oviedo

Xapasaronmoitosanos desde que ti e eu estudamos, eu gardo recordos entrañables da miña época universitaria. E ti?

E tanto que si .De feito aínda hoxe, tantos anos despois de rematar a miña carreira conservo amizades daquela época. E una vez cada dous anos quedamos en Oviedo para darnos una aperta e lembrar aqueles tempos

Pero supoño que as festas, que facedes agora, nesas xuntanzas bienais en Oviedo, non serán tan intensas como as que faciades cando erades estudantes?

Ha ha ha ha .Non,home, agora son distintas claro, pero tamén teñen o seu encanto. Cando eu era estudante todo estaba moi mediatizado pola vida política que, naquel momento, nos estertores do franquismo ou no abrente da democracia, inundaba case cada acto vital. Eu cheguei a ter neses anos una militancia política moi activa nunha organización moi á esquerda do que é a esquerda política actual. Tamén tiñamos todos eu incluído, moito máis pelo que agora claro

Ha ha ha ha .E a vida profesional como a iniciaches, Javier?

Pois una vez rematada a carreira tiven algúns traballos ata que no ano 1.984 decidín montar a miña propia empresa , e alí naceu TEMASA

Temasa ten xa que logo,36 anos de actividade ininterrompida?

Efectivamente

En máis de tres décadas de actividade supoño que terás visto todo tipo de situacións económicas; pero alguna vez percibiches algún momento tan preocupante como este?

Nunca, nunca xamais. E efectivamente teño convivido con crises económicas moi graves, tamén con moi bos momentos todo hai que dicilo, pero algo tan sumamente duro e de consecuencias económicas tan difíciles de prever non o vivín nestes 36 anos de actividade de Temasa, nunca. Esta crise trascende o estritamente económico, como outras anteriores, e hai factores aleatorios que incidirán en que a súa solución sexa máis ou menos pronto que son absolutamente imprevisibles.

Os afectados son tanto empresarios como traballadores?

Por descontado a situación é crítica para todos .O covid 19 supón un cambio na vida de Europa cunhas consecuencias impactantes cuxo resultado final non se pode saber aínda, pero témome que o golpe sexa dramático para amplos segmentos sociais. Eu teño dous psiquiatras clientes e ambos manifestan que teñen un volumen de pacientes elevadísimo con episodios de angustia existencial derivados da incerteza social e económica que provoca a situación sanitaria.

Lin nalgún sitio que durante os meses de confinamento o volume de traballo que tivestes nas xestorías foi sobrehumán e que incluso chegou a afectar ao equilibrio emocional de moitos profesionais. Eso é así?

Eso é, sen dúbida, así.Tal como estaba deseñado o acceso aos ERTES era necesario xustificalo empresa a empresa e traballador a traballador. O traballo foi tan inmenso que nós chegamos a traballar sábados e domingos comendo bocadillos na oficina

Caramba¡¡

É que non había máis remedio. No caso contrario non tiñamos tempo material para presentar todos os ERTES en tempo e forma e habería persoas que non poderían cobrar. Eu non estou na cabeza de ninguén e non podo saber como o levou cada persoa, pero é prácticamente imposible que un volume xigantesco de traballo, en tan pouco tempo, e de tanta responsabilidade, non afecte ao equilibrio emocional do traballador que se vea sometido a tal nivel de presión. Eu quero aproveitar ,Tino, a oportunidade que me dades para exepresar o meu orgullo e agradecemento polo nivel de esforzo e profesionalidade dos compañeiros e compañeiras de Temasa. Grazas a eles ,e aos profesionais de moitas outras asesorías, foi posible xestionar a treboada inmensa que, de súpeto, nos veu enriba.

De todas as empresas que xestiona a túa asesoría ningunha caeu?

Algunha do sector da hostaleiria, pero a caída de clientes que tivemos nós non foi significativa. Tes que pensar que Temasa é una asesoría que xa leva moitos anos e o seu corpo de clientes, en liñas xerais, son empresas xa consolidadas. Agora ben, teño que dicir tamén que algunha desas empresas están realmente preocupadas por outro posible peche de actividade.

E se iso se volvese a producuir?

Teño a certeza de que o dano sería aínda máis grave que en marzo e, non sei cantas, algunas empresas poderían cair.

Agora a 3 de novembro, sen peche de actividade de momento, o voso traballo está en parámetros semellantes a antes do confinamento de marzo?

Si, poderiamos dicir que si. Agora mesmo estamos case en situación de normalidade.

Como valoras as medidas económicas da administración estatal para tratar de paliar as consecuencias derivadas da crise sanitaria?

Os ERTES foron unha medida positiva. O resto paréceronme insuficientes, de extrema dificultade burocrática e coa dificultade engadida dun enorme e variado volume normativo que facía tolear ata ao profesioal máis sereno e paciente.

E a administración autonómica?

Máis ou menos o mesmo. Ambas administracións o único que fixeron foi adiar impostos, axudas reais non houbo, porque os créditos ICO poden ser una axuda, ou se o mecado non xenera as condicións necesarias para devolvelos poden ser un problema engadido. En defnitiva eu vexo incertezas económicas terribles tanto para empresas como para traballadores e traballadoras.

No caso de que houbese que afrontar un segundo confinamento co parón económico conseguinte, as xestorías estarían preparadas para afrontar a fervenza de problemas que se vos virían enriba?

Uff vaia pregunta.Eu podo falar por Temasa, e se pasa de novo o de marzo teriamos que contratar un mínimo de tres economistas máis de contado.