- As Comunidades de Traídas de Augas afectadas polo Macro Proxecto Comercial e a Comunidade de Montes de Tameiga, que representan a máis de 2.000 familias en Mos, esixen a Nidia Arévalo que pida desculpas polas súas mentiras, por todas as falsas acusación vertidas contra ellos pola dirixente do Partido Popular.
- O xulgado do Porriño archiva todas as acusacións de Nidia Arévalo contra a veciñanza de Mos. A Xustiza desminte á alcaldesa e promotora do macro centro comercial: Non houbo nin estafa, nin suplantación, nin ningún delito dos que se acusou aos veciños durante a campaña das pasadas eleccións municipais
Unha e outra vez a Xustiza archiva as denuncias de Nidia Arévalo deixando claro que son mentiras. A alcaldesa e principal impulsora da operación urbanística nos montes comunais de Mos é de novo contradita pola Xustiza. Pero ela continúa coa súa campaña de acoso aos veciños de Mos e xa anunciou que seguira pleiteando contra a veciñanza. Ela continúa malgastando o diñeiro público en poñer denuncias a todo aquel que alza a voz contra o seu macro proxecto.
Con esta suman xa tres veces, a xustiza sobreseiu as súas denuncias contra os veciños que protestaron no multiusos das Pozas, as súas acusacións contra a veciñanza que tiña pancartas nas súas casas e agora volve desmontar toda esta artimaña electoral baseada nunhas graves acusacións contra diversos integrantes das directivas das Comunidades de Traídas de Augas, da Comunidade de Montes de Tameiga e contra o resto das forzas políticas que concurrian ás pasadas eleccións municipais.
Pode seguir representando a Mos unha persoa que gañou unhas eleccións a base de mentiras, inventándose unha estafa para descalificar aos demais partidos? Cantos votos manchados de mentiras houbo nas pasadas eleccións? Estas preguntas non van cambiar o pasado, pero si poden axudar a previr que non volva a suceder algo parecido no futuro.
XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.1
O PORRIÑO
DPA DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000261 /2019
N.I.G: 36039 41 2 2019 0001081
Delito/Delito Leve: FALSIFICACIÓN DOCUMENTOS PÚBLICOS
Denunciante/Querellante: CONCELLO DE MOS, NIDIA MARIA AREVALO GOMEZ
“ Por todo lo anteriormente expuesto, se entiende que no concurren ni los elementos subjetivos ni los objetivos inherentes a los tipos delictivos de falsedad documental y usurpación de funciones públicas.”
PARTE DISPOSITIVA
ACUERDO DECRETAR EL SOBRESEIMIENTO PROVISIONAL
DEL PRESENTE PROCEDIMIENTO Y SU ARCHIVO.