EU SON – ESQUERDA UNIDA urxirá ao goberno municipal a pedir unha reunión da corporación coa dirección de COREN

Patricia Sío

A contaminación por cheiros provenientes do matadeiro segue sen solución

O Porriño, 19 de agosto de 2022.

Xa con anterioridade se levarona Pleno iniciativassobre o problema dos cheiros producida pola actividade de COREN e o trastorno ocasionadoá veciñanza, aprobándose pola Corporación, a última de EU SON en setembro do 2018. Catro anos despois o problema persiste porque a empresa non tomou medidas ou non foron as axeitadas. Estamos ante unha forma de contaminación ambiental que está a provocar un deterioro na vida de moitas veciñas e veciños do Porriño.

A veciñanza non precisa de medicións nin valoracións técnicas xa que é algo que vive acotío, principalmente no casco urbano. Nas vivendas do contorno da planta industrial, o fedor hai días que é un convidado que entra pola ventá.A existencia de malos olores, que xa resultan insoportables nas rúas, nos domicilios faise todavía máis insufrible e leva a non poder airear e ventilar como correpondería de xeito necesario.

Hostalaría e comercio tampouco ven moitas veces favorecidas as súas ventas xa que o “ambiente” tira para atráse merece especial atención a imaxe que leva do Porriño a xente que fai o Camiño Portugués e que moitas veces deixa constanciado malestar poreste fedor no paseo fluvial ou no albergue.

COREN é unha compañía forte, con un incremento nos últimos anos moi importate na súa facturación grazas ao traballo da plantilla. Parte deses beneficios económicos, deben converterse en recursos técnicos cos que a empresa solucione este problema definitivamente e poidamos respirar con normalidade.

Goberno Municipal ten a obriga de protexer a saúde pública e o benestar da veciñanza, esixindo á empresa medidas correctoras. Por todo o exposto, sometemos á aprobación pola Corporación Municipal do Porriño dos seguintes acordos: amosar o rexeitamento da contaminación ambiental provocada polos cheiros provenientes de CORENe solicitar formalmente unha visita e reunión da Corporación coa dirección da planta para coñecer cales son os procesos de funcionamento e as medidas correctoras nas que se está ou se vai traballar para acabar con esta situación.