Entroido de Verán de Redondela 2022

Entroido Redondela

O pasado sábado 20 de agosto, unha vez máis, e desta volta por fin de maneira plenamente normal, unha nova edición do Entroido de Verán fixo gozar á veciñanza de Redondela, e aos milleiros de persoas que se achegaron a visitarnos, dunha festa única que aos poucos estase instalando na conciencia colectiva como un dos sinais de identidade dos veráns da nosa Vila.

Desde primeiras horas da mañá xa se podían albiscar nas rúas de Redondela grupos de persoas disfrazadas con ganas de troula e de gozar do día , grolo a grolo, desde o principio ata o final. E así, como as pingas da poalla van enchendo aos poucos de auga alí onde aínda poidan desfrutar da chuvia acotío, unha marea de persoas foi ateigando a nosa vila de luz, cor e arelas de festa. O evento rematou a altas horas da madrugada coa actuación estelar dos Herdeiros da Crus. A continuación ofrecémoslles a máis completa reportaxe fotográfica do entroido de verán 2022