A banda da loba ilumina Redondela

Banda da loba Concello de Redondela A Nova Peneira
Marcos
Santos

A FIGURA, CASE DESCOÑECIDA, DE PEPA LOBA TEN UNHA RELEVANCIA EXTRAORDINARIA NA ELECCIÓN DO NOME DO NOSA BANDA”

O pasado día 12 as mozas da banda da loba, un grupo musical formado por cinco rapazas que mesturan o blues, o rock o folk e os sons tradicionais ofreceron na nosa Vila un espectacular concerto na Xunqueira presentando o seu traballo “FÁBRICA DE LUZ”.A Nova Peneira conversou con elas , e foi desde logo un pracer falar con estas cinco lobas, cinco mozas fortes, valentes, libres, independentes e cun talento superlativo para a música

Comecemos polo principio; as presentacións

Eu son Marcela a batería, logo está a miña irmá Andrea que toca o baixo .

A cantante é Xiana , Estela é a nosa violinista, e por último temos a Ines que é a nosa guitarrista, en total somos cinco mulleres as compoñentes de a Banda da Loba

As letras quen as compón ?

A nosa metodoloxía de composición xorde da fusión de influencias tanto contemporáneas como clásicas, así por exemplo artistas como Celia Parra ou Andrea Nunes son moi importantes para nós, pero tamén o son grandes clásicas como Rosalía ou Celso Emilio. En calquera caso procuramos que todo sexa resultado do consenso entre todas

A figura de “Pepa Loba” ten algo que ver no voso nome?

Claro que ten que ver. Cando decidimos xuntarnos démoslle moitas voltas ao nome e finalmente decidímonos polo referente de Pepa loba porque e unha figura da nosa cultura popular que non esta excesivamente espallada. O seu equivalente masculino Robin hood é moi famoso pero Pepa loba non, é inxusto e así o transmitimos nos concertos

A linguaxe ten unha evidente compoñente machista, son multitude os adxectivos que en xénero masculino teñen connotacións positivas, pero o seu equivalente feminino refire negatividade. Por desgraza non quere dicir o mesmo lobo referido a un home que loba referida a unha muller .O voso nome tamén pretende denunciar o machismo da linguaxe que non é senón un reflexo do que existe na sociedade?

Si, é certo. A loba é un animal forte combativo que coida e protexe aos seus cachorros e todas as connotacións que posúe deberían ser positivas. A nós encántanos que nos chamen as lobas e de feito e de feito interpretámolo como unha definición de empoderamento

Agora que falas de empoderarse venme é memoria o discurso dunha representante da dereita española que comentaba que ela se sentía empoderada cando se puña a coser

Ben, que cada unha se empodere como queira. O traballo doméstico é moi duro e hai que tratalo con respecto

Podemos considerar a banda da Loba nun movemento feminista?

Por suposto que si

Vós sodes unha músicas precoces non?

Pois si, todas comezamos neste mundo entre os 4 e 5 anos, agás Estela a violinista que xa tiña claro que quería tocar ese instrumento e ata os 12 anos non puido comezar a súa formación e todas somos alén de músicas precoces, músicas felices que nos sentimos completas por podermos dedicar ao que nos gusta

De onde sodes?

Temos orixes diversas : Ferrol, A Estrada ….podemos dicir que somos un pouco de aquí e outro pouco de alá un cachiño de todos os sitios.

Onde vos coñecestes ?

Foi en Santiago de Compostela estudamos xuntas alí

Moitas grazas , moita sorte e brindo de maneira simbólica con vós por unha LONGA VIDA PARA A BANDA DA LOBA