Forxadores da historia viva de Fornelos da Ribeira

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel e José Manuel González

Dentro precisamente da historia viva de Fornelos da Ribeira, atopamos a estes dous irmáns, emigrantes en Bos Aires. Pero antes de falar do seu taller de ferramentas e mester aclarar que contando con ambas orixes, a historia encargouse de unir seu desenrolo e a súa evolución.

Fora no “taller de ferramentas” na rúa, El Buen Orden, en Bos Aires, onde os irmáns González, se prepararon orixinariamente para o procesamento da madeira, terminando sendo logo os responsables da utilización de materiais ferrosos, tornos mecánicos con copiadores, etc… que lles permitiron copiar deseños e pezas iguais, e un número importante de “ferramentas da época”. E fago unha referencia a 1.898 cando o pai da industrialización moderna incorpora “Aceros Mushet” para traballar en forma rápida que os irmáns Gonzalez, incorporando ao seu taller, que logo serviría para lograr novos postos de traballo de importancia para a vida, e para mais dalgún veciño de Fornelos, camiño da Arxentina.

E foron os irmáns González, de Fornelos da Ribeira, en Bos Aires, os transformadores do seu taller de ferramentas, na verdadeira vedette, sendo os principais auxiliares no momento de traballar, primeiro manualmente, e logo despois, mecanicamente coa chegada da maquinaria posterior.

E debo sinalar que as liñas xerais e os conceptos do século XX, se mantiveran vixentes, tendo en conta a apreciable sensibilidade destes irmáns, e das xentes de Fornelos, asi como das aventuras emigratorias, participando activamente na rexeneración da vida pública da parroquia fornelense, atendendo aos veciños para arranxar a igrexa, camiños, pontes, escolas e cemiterio, contando con eles, pola súa boa posición económica e prestixio profesional, unidos os irmáns Sestelo e Rogelio Estévez Cambra, notario en Bahia Blanca, con 37 fornelenses no 1.904, para a creación de, La Concordia, e logo despois, a Sociedade Juventud Progresista, Hijos de Fornelos y anexos no 1.920, como sucesora de La Concordia, que para a nosa aldea foi de vital importancia, formando parte da nosa historia viva, segundo escribe Xosé M. Núñez Seixas, nas Patrias lejos de casa. El asociacionismo emigrante, etc… na que a Asociación Lazoiro, baixo o nome de A Nosa Memoria nos deu a coñecer a todos nós.

Os irmáns González, son a historia viva da nosa terra de Fornelos da Ribeira, que miraron pola cultura e a educación dos que aquí estaban, carrexando toxo da mañá a noite, non ganando para vivir, e grazas a este dous bos irmáns, moitos emigraron para Arxentina, e usaron o “taller de ferramentas” como porta de entrada.

A primeira sociedade coñecida en Bos Aires, foi no abril do 1.904 chamada La Concordia, asociación parroquial dos naturais da freguesía de Fornelos do Concello de Salvaterra. Segundo Xosé M. Núñez Seixas, La Concordia, amosaba ben as claras a combinación da sociedade. A directiva desta historia era elocuente: Presidente, Manuel González, Tesoureiro, José Manuel González, Vice secretario, Ricardo Sestelo co seu irmá, e Rogelio Estévez Cambra, pero a mención era dos irmáns González. Os cinco recadaron o 74,4% dos fondos para o cemiterio. Pero La Concordia, colabora e sostén as súas escolas, e no Memorando da Sociedade Juventud Progresista, Hijos de Fornelos e anexos, de Bos Aires, fundada no 1.920 como sucesora de La Concordia, se incorpora a municipal de Salvaterra do Miño. (Bos Aires, 1.935. Arquivo da Federación de Sociedades Galegas de Bos Aires. Tamén R. Sestelo e Novas Iniciativas, asi como “Los naturales de Fornelos de la Ribera”, etc…).

Dentro deste mundo vivo, entre Fornelos e Salvaterra do Miño, nace a Unión Progresista de Salvaterra, con 589 socios no 1.923, e nace o Libro Rexistro de Socios do Centro de Renovación de Ponteareas, traballando acotío, sendo froito das persoas de éxito. Aquelas sociedades, as podentes, dispuñan de biblioteca, chegando a de Salvaterra a ter 288 exemplares.

Todo isto é a historia viva de un conxunto de iniciativas fundamentalmente de carácter anticaciquil, particularmente no Movemento Agrarista, con mártires por medio.

Eu non podo menos que admirar e agradecer e recoñecer os esforzos dos nosos irmáns na Arxentina, que todos xa descansan en paz,dos seus envíos económicos, e da falta de memoria da aldea que os vira nacer, que sen memoria, carece de historia, para recoñecer o recoñecemento destes servidores da terra meiga.

Estou de acordo co amigo Jesús Presa, no seu Largando Lastre e Letras, cando di que estes González foron a porta de entrada laboral de moitos fillos de Fornelos, e que nós temos a obriga de recoñecer o seu mérito, pola súa loita por remediar a miseria.

Eu espero que a nova xuventude de Fornelos, e conxuntamente coa do concello de Salvaterra do Miño, colaboren polo engrandecemento das terras do Condado, a que pertencemos. E, agradecer a dirección de A Nova Peneira ¡A Nosa Peneira!, pola súa colaboración, para dar a recoñecer a historia viva de Fornelos da Ribeira, un pouco desmemoriada.