Carlos Gómez Alcalde de Baiona

Carlos Gómez Alcalde de Baiona

A Nova Peneira achégase ata esta fermosa vila para falar co seu alcalde, Carlos, e coñecer a súa visión de como foi a primeira metade do seu mandato e que nos conte tamén o que ten pensado para o futuro da localidade

Nos proxectos eólicos na serra da Groba hai unha total falta de transparencia. Baiona ten un patrimonio magnífico nesa Serra e debemos protexelo”

No asunto da compra dos terreos de Cabo Silleiro o PP está enganando á veciñanza”

-Xa pasado o ecuador do teu primeiro mandato, fainos unha valoración sintética destes case dous anos e medio?

Cando comezamos o noso mandato pillounos unha pandemia mundial que nos condicionou para poder levara cabo todos os nosos proxectos. A Maiores no ano 2020 estivemos uns meses sen interventor, arquitecto e secretario municipal e isto tamén nos retrasou no funcionamento do día a día. A pesar de todo traballamos moito, e humildemente creo que estamos a facer un bo traballo, e penso que temos que facer unha valoración positiva

-Que tal están as relacións cos teus dous socios de goberno?

Están ben, sempre hai diferenzas porque ten que habelas. Cada un defende os seus intereses e a súa maneira de pensar pero por enriba de todo están os intereses dos veciños. Demostramos madurez neste eixo que oxalá a tivera a oposición. O nivel que ten a oposición deixa moitísimo que desexar. É todo criticas sen achegar a máis mínima visión construtiva

-Outros alcaldes e alcaldesas cos que teño falado dinme que a pandemia multiplicou o número de familias que precisan da atención dos servizos sociais do Concello para atender as súas necesidades básicas. En Baiona notades este fenómeno?

Houbo un aumento ao principio, no ano 2020.Considero que atendemos ben ese alza da demanda de axuda. Tamén creo que aínda non somos capaces de facer unha valoración da realidade, pois creo que as consecuencias da Covid aínda non chegaron e que no quedan moitísimas cousas por ver.

-Que tal está funcionando o contacto directo coa veciñanza en “ o teu alcalde responde” que acabas de pór en marcha na web municipal?

Veño de estar unha semana de vacacións e en consecuencia retraseime un pouco en contestar, pero funciona moi ben. Dedícolle un día a semana para contestar todas as consultas e nestas tres semanas levamos ao redor dunhas 60. Intento dar toda a información que me piden e atender as queixas que hai.

-O asunto dos parques eólicos na serra da Groba a pouco que unha siga os mapas do REG( Rexistro Eólico de Galicia) ten un cariz moi preocupante. Cal é a visión e a posición do alcalde de Baiona?

O que teño claro e que aquí non hai transparencia ningunha. Baiona ten un patrimonio paisaxístico que ten que protexer, na Serra da Groba temos un cabalo que se chama “O Barral” que é unha especie única en toda a península e temos que protexelo. A prioridade deste alcalde é defender o que é de todos e de todas. Eu non estou en contra dos eólicos nin das enerxías renovables, son o futuro e o desenrolo sostible de Europa, pero non todo vale. Veremos o que pasa con todo isto, pero se non hai un beneficio directo para todos os veciños e veciñas de Baiona a posición é de estar en contra dos eólicos.

-A última vez que falaches co noso periódico tiñas a intención de mellorar substancialmente o servizo de recollida de lixo. Como está ese tema no momento presente?

Neste apartado aínda temos moitas carencias, no só no tema de persoal,senón tamén un problema de medios. Para poder arranxalo necesitaremos algo máis de 1.000.000 de € para investir en maquinaria e este concello non se pode permitir facer ese investimento tan grande e, ademais, a maiores, necesitariamos contratar máis persoal e non podemos facelo mentres non teñamos unha RPT. Isto, despois de que se firme o convenio, vaimos a levar moitos meses de negociacións e traballo. Baiona está gastando moitísimo diñeiro en horas extras porque o persoal non é suficiente, de feito, o 46% do presuposto do concello vai para pagar os salarios dos traballadores. Creo que, dadas as circunstancias, e vendo como referencia o Concello de Gondomar ou Nigrán que teñen a limpeza e recollida de lixo externalizada, debemos apostar por esta vía deixando ben claro que me gustaría que o persoal se quedara no concello. Se externalizamos este servizo o concello aforraría uns 100.000€ ao ano.

-Finalmente vaise construír a estación de servicio no barrio de Outeiro da Ramallosa?

Fixemos unha exposición pública deste proxecto, presentáronse bastantes alegacións, estas estanse valorando e hai que informar delas ao promotor do proxecto. Para min este non é un espazo para facer unha gasolineira deste tipo. Este vial vai soportar uns 7.500 coches semanais a maiores e non está preparado para asumir todo este tráfico.

-Baiona xa está libre de glifofatos?

Deixar de utilizalos foi un acordo de goberno e , ata onde nos consta, non se volveron utilizar.

-O PP de Baiona criticaba nas súas redes a xestión do goberno municipal para a compra dos terreos de Cabo Silleiro. Explícanos como está ese asunto?

O PP piden que solicitemos a cesión para despois devolverlle aos veciños os terreos, aquí o PP busca o populismo e enganar aos veciños. Non houbo ningún tipo de negociación con defensa, senón que houbo unha publicación dunha poxa pública. A Lei de Patrimonio de Administración Públicas está estruturada como está e nos temos que cumprir coa lei, eles veñen a solicitar algo totalmente ilegal. Pídolle á oposición responsabilidade. O Alcalde, co seu equipo de goberno, estamos a facer todo un ademán de responsabilidade para que isto non caia en mans privadas e unha xestión que, na historia da democracia, a dereita non foi capaz de facer. Estes terreos van a ser de todos os veciños e veciñas para uso e desfrute deles.

-Cando se vai poñer un ascensor no Concello?

O goberno anterior solicitou unha subvención para a instalación dun ascensor no Concello, pero non cumpría a normativa porque non chegaba a todas as plantas do edificio e tiñamos problemas con patrimonio. Para solucionar isto estamos traballando nun novo proxecto, esperamos telo rematado nun espazo breve de tempo. Estamos falando dunha obras duns 2.700.000€.

-Explícanos como vai ser o futuro paseo Pinzón?

O noso primeiro obxectivo e recuperar o espazo de balcón ao atlántico e ten que ser un lugar para poder utilizado ao longo de todo o ano. Queremos facer unha renovación integral e adaptalo ao século XXI para todos os nosos veciños e veciñas

– Este ano a Arribada adiouse para o mes de outubro e ao final suspendeuse. Por que?

Isto foi unha teimosía miña, dábame moita rabia non celebrala polo que supón para os nosos veciños e veciñas, esta é unha festa declarada de Intereses Turístico Internacional, e por iso a retrasamos ata outubro, pero os datos epidemiolóxicoz a finais do mes de xullo estaban mal e tivemos que tomar unha decisión, moi dura e complicada, pois precisamos mínimo dous meses para poder organizala, e decidimos suspendela desde a responsabilidade

-As eleccións do 19 deixaban unha situación histórica na comarca con tres alcaldes do PSOE nos tres concellos do Val Miñor. Prevés que se vaia manter no 23?

O obxectivo ten que ser consolidar o Val Miñor para traballar no futuro dunha maneira máis clara e ambiciosa.

A mancomunidade creouse no ano 95 e creo que non está a altura das circunstancias. Deberiamos facer unha aposta definitiva pola mesma, temos unha oportunidade única, despois dunha xestión moi boa polo goberno de España e Portugal, de ter un proxecto de futuro cos cartos que van vir de Europa, e temos que ir o tres xuntos.

-Que pulsión maioritaria percibes ti nas rúas de Baiona en torno á valoración do teu goberno?

Creo que as circunstancias da pandemia xa nos van permitir estar máis na rúas cos nosos veciños e veciñas, facer máis reunións cos diferentes colectivos e asociacións. Nas rúas vese de todo claro, a miña ilusión é que como resultado do noso esforzo ao final do mandato haxa unha maioría social que perciba en positivo a nosa acción de goberno

-No ano e medio que queda para rematar o mandato hai algún proxecto que che ilusione especialmente e nos poidas adiantar?

Baiona e este alcalde temos un compromiso con Europa coa axenda 20/30. É o momento de ter unha oportunidade de acceder a fondos e garantir, dalgunha maneira, que imos a transformar Baiona. Non só urbanisticamente e adaptar os espazos como o Paseo Pinzón, Parque da Palma, o entorno de Ladeira, Avda. Monterreal, rematar a praza de Santa Liberata e a zona de arriba, a contorna da praia da Ribeira e recuperar o proxecto de Sabaris. Con todo isto tamén pretendemos que veñan novas empresas a investir no Concello, pretender ter máis capacidade hoteleira, un transporte urbano en condicións. Este é o noso obxectivo e o primeiro que temos que facer é sentar as bases e facer unha Baiona atractiva para a inversión e facer un cambio de políticas en vivenda.

-Non podemos rematar sen preguntarche polo próximo congreso do PSdeG, e vai a pregunta directa: O alcalde de Baiona vai apoiar a Gonzalo Caballero ou a Valentín González Formoso?

O alcalde de Baiona vai a apoiar o mellor proxecto, non se trata nin de Gonzalo Caballero nin de Valentín Formoso, senón do PSdeG.

Para conseguir un cambio en Galicia o PSOE ten que estar forte e unido. O que lle pido aos candidatos e a toda a militancia que estas primarias teñen que ser unha festa. Somos o único partido que fai unhas primarias e ten que ser a festa da democracia, dos dereitos… Deséxolle aos dous candidatos serte porque o ben que lles vaia a eles vai ser o ben para o PSdG e non me vou a posicionar ata que me expliquen cal é o seu programa e despois cada militante, de maneira libre, terá que votar pola mellor opción.