Non debemos calar

Artigo de opinión A Nova Peneira
Baldomero Iglesias Dobarrio Mero artigos de opinión A Nova Peneira
Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero


Veñen uns tempos precisos de insubmisión ou de silenzo. Si, estamos rodeados de inxustizas manifestas e de tratos discriminados que nos obrigan a protestar, a levantar diante tanto deterioro. As políticas que conducen Galiza son extremadamente perniciosas e traen consigo odesgaste e a desgana. Por un lado o tratamento da Cultura, da Lingua, piares fundamentais para a nosa dignidade, como pobo e nación, que están levándonos a cotas de ruína do propio en favor do alleo e traen certa dexeneración de incalculables efectos nunca agradables. Esta política, chea de subvencionados, enche os medios de “purrelas” que interveñen o sentido común e a intelixencia. Énchennos de festas e de atrochadas, de orquestras alleadas e alleantes, de espectáculos marabillados na indecencia e na falta de arte ou de beleza, sucedáneos de baixa calidade. Tamén faltos de oportunidades para os que empezan,todas e todos que poñen a súa vontade no desenvolvemento eficaz do que aprenderon e do que senten por nós. Gastan a maior parte dos cartos nosde fóra, grandes figuras de fóra habitan escenarios, aos de aquí nin sequera migallas. Así tapan e adormecen as ansias de mellora e de promoción propia, tampouco en calquera dos servizos públicos que esmorecen silenciados. Xa non digo as estradas, feitas un desastre, ouas comunicacións por calquera vía no século que estamos. Xa non digo a Sanidade, chea de remendos e de longas esperas, de crueis números de tempos inviables. Agora nótase ben, comezado o curso, a educación pública que segue a estar tan falta de acadar a inclusión que se lle nega, en medios e profesorado. Tamén está a axuda a toda a xente marxinada e abeirada, á xente maior e sen medios, a aquela do rural máis arredado que non ten onde mercar o básico, mais póñenlle macro-eólicos ou ábrenlle novas minas. Quen son os que nos asombran?.Son os de sempre con novos nomes. Volven danar aínda máis na ferida,ben sexan cobres San Rafael ou San Pancracio, ou erimsas ou villarmires,ou quen sexan. Gobernan para castigarnos. Arruínannos con novas liñas vermellas, con celulosas moito máis agresivas e con implicación en novas e extensivas eucaliptizacións, das que xa están facendo deseño de porvir na nosa xeografía, na física e humana. Non queremos que pase como lle pasou á Ría de Pontevedra, noutrora tan rendible en pesca e mariscos, tan fermosa e saudable, e sen cheiros e hoxe en estado tan deplorable a pesar dos disimulos ambientais. Si, xa programaron novos métodos colonizadores, novas incursións e novos latrocinios, como o daAP9 que todos os días nos pule o peto e nos somete a viaxar por terreos propios con beneficios alleos. Agora chámanse Altri ou “política industrial en proxectos estratéxicos” (que cousas, como é deelástico calquera idioma nas súas bocas) de Touro ou Frades, Mesía, Corcoesto, San Finx, Viana do Bolo, Terra Cha, Santa Comba, Lousame, Vimianzo, Valdeorras, Salvaterra do Miño, … buscan caolín, cobalto,cobre, coltán, cuarzo, níquel, mica, litio, estaño, tántalo,volframio, e tamén “terras raras”. Nova aventura! Xa digo, gobernan contra nós e calquera escusa é boa. Buscan sobre todo desestabilizar a harmonía da terra e paisaxe, ese equilibrio que tanto costa manter por exemplo na Ría de Arousa. E veñen con novos nomes: Omega Real State, Atalaya Mining, etc. Todo sona moi ben, moi inglis e alternativo. Danlles nomes tamén de proxectos Alberta II, Carlota, e teñen moitos defensores que mesmo informan da viabilidade de cada prospección, convencendo á veciñanza e aos políticos que poñen o cazo. Pola contra, critican aos xuíces que lles piden garantías e documentos de impacto ambiental. Están na prensa, asinados por directivos das empresas e corifeos de cada filón galego. Papeis deses que non gustan amosar por se se lles ve o plumeiro. Claro que Galiza conta con boas expectativas e reservas documentadas de minerais fundamentais como barita, grafito, niobio, silicio e todo iso que buscan, pero isto que pretenden é que vimos escarmentados de vello. Non é a primeira vez quenos deixan as minas abertas e as estruturas xeolóxicas estragadas,mesmo quedamos con insignificado beneficio e coa terra danada e esquilmada. Eles son os que sacan tallada e os resultados sempre foron, para nós, ruinosos. Mentres contamos coas alegacións e demandas, tamén con estar moi fartos de tanta ameaza e tanta sen-razón. É tempode pasar á acción e evitar que sucedan máis desastres naturais. Quizais conveña amosar os dentes e deixarnos de crer as mentiras que contan nos medios. Debemos pois resistir e protestar no exercicio dos nosos dereitos e do noso porvir, nel non só vai a nosa vida, vai tamén a dos nosos fillos e netos. Todos estes proxectos son un roubo promovido por esa panda de invasores que non inversores, transgresores da lei enprácticas inxustas e de calamitosas consecuencias. Desobedecer as leisinxustas como as que rexen a Nosa Lingua ou os Servizos Públicos precariados, ou tamén estas “franquías” colonizadoras, é unha obriga que temos