Ano de 1658

…O Marqués de Viana coa noticia da entrada de Socorros a Monção e a experiencia do mal resultado dos ataques, deliberou se dar un asalto a Praza na noite do vinte cinco de Outubro, mandouse tocar repetidamente ataque para que os sitiados estivesen permanentemente en alarma e se atopasen máis cansos e menos vigorosos.

A media noite iniciouse un furioso ataque, marcharon os Tercios e batallóns para o asalto, os soldados que se encargaban de cegar os fosos executárono rapidamente, os Oficiais, que levaban as escadas, arrimáronas ás trincheiras con moito valor, máxime o subiren por elas. Acudiron os sitiados a defensa, tocáronse os sinos das campás, acendéronse os lumes e precipitouse o encontro. Os Cabos que asistían o asalto mandárono repetir o tempo que os sitiados iluminaron os fosos con candeeiros de lume e varios aritificios, axudaban a esta luz as moitas que escintilaban as pezas de artillería e os mosquetes, ficou tan clara a campiña que foi grande o efecto das balas nos inimigos que subían polas escadas, e Tercios de reserva.

O mesmo tempo que as trincheiras foron atinxidas, no Forte que ficaba por riba da fonte, gobernado polo Capitán Francisco Nunes Pacheco, e os baluartes e a cortina, que ollaban para a Campaña, con muito valor foron rexeitados os inimigos, perderon catrocentos homes dos mellores soldados do exército e levaron outros tantos feridos. Na Praza morreron setenta soldados, entre eles os Capitáns Antonio Ferraz, Ioseph Pereyra Caldas e João Gomes de Sousa. Ficaron cincuenta feridos entre os que estaban os Capitáns Fernão Leyte Pita, Fernão Figueyra de Palhares, Ioão Pereyra Pinto, Francisco Pita Malheyro e o Capitán Francisco Nunes Pacheco que perdeu a man dereita dunha granada que nela lle rebentou. Todos os sitiados resistiron a furia e persistencia do asalto con memorable constancia. A o día seguinte fixeron os inimigos chamada, pediu o Marqués cese de armas, concedeuna Lourençó de Amorim para enterraren os mortos.

Continuaron facéndose os aproches, (fortificacións ou trincheiras que os sitiadores construían para achegarse de forma segura a fortaleza inimiga), achegándose as trincheiras que cubrían o Arrabaldo e o Mosteiro de S. Francisco, e facendo un aloxamento xunto a un Fortín chamado do Montinho, comezaron a minalo, e coñecendo Lourenço de Amorim o apuro a que se vía reducida a Praza, resolveu avisar ó Conde de Castell-Melhor elexindo para esta empresa a Francisco Alvares Galé, pagador Xeral daquela Provincia, que ficara na Praza e a Fernão Taveyra de Palhares, que sen risco conseguiron chegar o cuartel de Paredes, onde se atopaba a retagarda, pero xa non estaba o Conde de Castell-Melhor, porque despois de intentar facer o posíbel por xuntar xente para romper as liñas inimigas, non o logrou xa que eran máis os que fuxían que os que se sometían o rigor militar, iso a pesares dos castigos os que se enfrontaban.

O Conde encomendoulle a Fernão de Sousa Coutinho que intentase meter na Praza un novo socorro polos mesmos pasos do primeiro, o que felizmente conseguiu, introducindo en Monção por Salvaterra oitenta Infantes, de que era Cabo o Capitán Diego de Caldas Barbosa. Entre tanto o Conde retirouse a Ponte da Lima con unha febre orixinada por unha doenza e unha melancolía que o obrigou a sangralo oito veces.

Coa mellora do sitio da Vila, pareceu que levantaba o ánimo, pero o certo é que a trece de Novembro de 1568, con todos os Sacramentos e actos de verdadeiro Católico, acabou a vida de João Rodrígues de Vasconcelos e Sousa, segundo Conde de Castell-Melhor. Sentiuse grandemente a sua falta, pois estaba o Conde de dotado de virtudes que acostuman ter os varóns mais excelentes. Era moi valente, intelixente e sumamente fiel da conservación do Reyno. Non descansaba no traballo dos negocios, pero en moitas ocasións se descompuxeron por consentir que descansasen os que lle obedecían. Naceu o Conde cuarto fillo de seus país, debeu ao seu merecemento a grandeza da sua Casa. Era de estatura pequena, máis de presencia agradable, morreu a idade de sesenta e cinco anos, deixou por sucesor a Luis de Sousa de Vasconcellos, que subiu a sua Casa a maior e mais varia fortuna. O Xeneral de Artillería Nuno da Cunha, logo que recibiu a nova da morte do Conde, deu conta a Raíña, facéndolle ver o muito que a falta do Conde acrecentaba o perigo, non solo de caer Monção e Salvaterra, senón de toda a Provincia.

Asistían a Nuno da Cunha no cuartel o Vizconde de Vila-Nova, o Conde de Miranda, D. Francisco de Azevedo, o Balío de Leça, Frey Diogo de Mello Pereyra, e todos sin controversia prometeron obediencia ó Xeneral, en canto a Raiña non nomeara un novo Gobernador da Armas. Chamou o Xeneral a consello e todos conviñeron en mudar aquel cuartel para as Aldeas das Chozas, situadas nun vale rodeado de ásperas serras que o protexían, asemade con abondosos mantementos e tan pouco distante dos cuarteles dos Galegos, que do alto das serras se descubría toda a Ribeira de Monção, regado ademáis coa abondosa auga do río Vez.

Cando chegou o Xeneral ó cuartel atopou de todo o previsto, pero carecía de medios económicos e xente, pois somente contaban con tres mil soldados, bisoños, porque os adestrados estaban xa en Monção e Salvaterra e noutras Prazas ameazadas de igual perigo. A Cabalería constaba de catrocentos cabalos debilitados có prolongado tempo de Campaña.

Nuno de Cunha mandou a Fernão de Sousa e Miguel de Lascol recoñecer os cuarteis inimigos, con grande perigo executaron a orde, referindo logo no Consello o que viran e o que entendían. Que a importancia das Prazas e o apuro dos sitiados solo era estimulado pola posibilidade de introducirlles socorros, que estas circunstancias concorrían solo en Monção, porque coa súa perda caería case toda a Ribeira do Miño, un dos mellores distritos de toda a Provincia, e os seus defensores, despois de valerosa resistencia de tres meses, chegaron a unha situación extrema, defendendo con as poucas municións e subministros, unas débiles trincheiras contra un poderoso exército.

O remedio dos dous socorros anteriores que felizmente se introduciran, foi útil para aumentar os defensores pero foi prexudicial por diminuír os subministros, chegando o extremo de que, da morte de uns dependía a vida de outros. Era necesaria unha pronta resolución e dificilmente se albiscaba algunha, que non fora mui perigosa, pois o exército galego si ben diminuía coas mortes, crecía coas levas, as súas fortificacións eran de calidade, tal que solo os Fortes exteriores eran once, con fosos de trinta pes de alto e os cuarteis eran tres ben flanqueados, axudados pola aspereza do lugar, tanto que dificilmente poderían ser superados por un gran exército. Estaba claro que con Monção perdido, non se podía defender Salvaterra e desta conquista dependía o futuro de toda a Provincia…

Proseguirá…

Fonte: Portugal Restaurado, parte II, libro III, Luís de Meneses, Conde de Ericeyra, Lisboa.

Antón “Xaque”, Salvaterra de Miño a 07 de Xullo de 2026