Éche o que hai! Meu amigo

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira

Manuel Alfonso Estévez.

Xa o dixera Ramón Pernas nunha conversa que terminara no dialéctico canellón sen saída: Éche o que hai! Meu amigo.

Eu diría que é o argumento básico de todas as impotencias que se inscriben dentro da escola da resignación que nos subordina e humilla. A súa tradución equivale a un non podemos facer nada, ou tamén a un apaga e vámonos, como grito de redención. E pasar do Vivamos como galegos, o grito da derrota colectiva de non hai saída: Éche o que hai! Meu amigo.

E haiche todo do que queremos. Haiche bugallas para cambiar o guión da crise, para incrementar o emprego, para defender o galego, para sentirnos orgullosos da nosa Terra Nai. Preservar o noso Patrimonio material e inmaterial, para desterrar a desfeita das nosas parroquias, e brindar o mensaxe mais vixente que nunca de vivir como galegos, orgullosos do privilexio de haber sido nados nestas terras do Condado de Salvaterra do Miño.

Home! Hai unha forma de entender a vida, de vencer a derrota, esa mala e perversa lectura da melancolía, que tantas veces nos danou o longo da nosa historia. De abrir de par en par as nosas fiestras do fogar, para que entrara a luz e desterrase as sombras. Igual que fai a Nova Peneira, A nosa! Coas Novas do Eixo Atlántico, xornal galego portugués, que tanto impulsa os novos valores dunha maneira clara e concisa para
cambiar o Éche o que hai! por un algo mais ca tradición e a nosa orixe aldeá e labrega.

Penso eu que somos o “cunqueiro”, rei da nosa chuvia (xa non tanta): Unha terra de verbas e mais verbas novas, con distinto significado. Unha fraga, ou As Fraguiñas de Fornelos da Ribeira, co Rio Tea, onde de cando en vez, aparece o vento, a choiva, e a brisa. ¡Porque non!

E por estas mil razóns, non podemos darnos a desesperanza, e concluír que a Nosa Terra non ten futuro. Non debemos escoitar: Éche o que hai!

Xa sabemos que todos nós, somos moi nosos. Somos o que pensamos, que nos define o que algo pasa, e pasará desapercibido algún día, como moitas outras cousas: “Se hai que ir, vaise”, Manda carallo pailán! E unha centea mais, si cabe.

Ah! E tamén o Éche o que hai, está no voto conservador de moitos que teñen que cambiar a tendencia.

En canto a cultura, temos as mellores xeracións da nosa historia, pero a súa vez, non son capaces de desenrolar o entremés que aborda o éche o que hai!

Temos resposta tamén na esfera política, que é ben pouco o que que aporta de algo novo.
Parafraseando os mais vellos do lugar, eu son un deles con mais de 90 anos: Éche o que hai! Meu amigo.