“No podéis dar más asco”

Artigo de opinión A Nova Peneira
Xoán Carlos Caballero
Xoán Carlos Caballero – Mestre no CEIP de Salvaterra

Unha vez máis o Partido Popular utilizou de forma vergoñenta as vítimas de ETA no parlamento español para tapar a súa incompetencia. Tanto é así, que estas últimas adicáronlle á organización de Isabel Díaz Ayuso as seguintes palabras: “no podéis dar máis asco” “sacad vuestras sucias manos de encima de nuestros seres queridos”.

As forzas de seguridade do Estado non poden permitir que os dirixentes populares quebranten unha e outra vez normas básicas de convivencia, sen ningún tipo de limitación. Non se pode deixar en mans da Igrexa Católica o vaciado de aguas fecais que hai na fosa séptica que teñen como conciencia, para que logo se sintan libre de pecado, e, sen remordementos, volvan encher a fosa de merda a base de denuncias falsas, difundir bulos, xerar odio, enfrontar e manipular á poboación, a sabendas de que non haberá consecuencia algunha.

Si a Policía Nacional asaltou a súa sede de Génova por ser un partido enfermo de corrupción, agora é a quenda de que a Garda Civil interveña para aplicarlles a normativa de retirada de puntos que tanto éxito tivo en neutralizar a todos aqueles individuos que se saltan o regulamento de circulación. Unha vez descabezada a cúpula e intervido o partido, non deberían tardar en proporcionar aos seus membros un carné e a dito documento asignarlle un número de puntos. Non cumprir as normas de forma reiterada levaría implícito a retirada do permiso e a conseguinte expulsión da organización política, de forma definitiva ou temporal. No segundo caso, poderían recuperar a puntuación con cursos de sensibilización e reeducación para concienciarse do dano irreversible que provocan nas persoas a súa hipocrisía, o seu cinismo e a súa falta de escrúpulos.

Outro aspecto a ter en conta, son os traballos para a comunidade que lles ofrece Tráfico. As actividades que se desenvolven en diferentes talleres para a reinserción, segundo os seus directivos, están sendo fundamentais na recuperación de casos que se daban como perdidos e que agora volven a circular entre a poboación sen supor un perigo social.

A aplicación do sistema de puntos en política, ten que ser vista como unha oportunidade, xa que pode ser un xeito de poñer límite ás salvaxadas dos sementadores profesionais de odio e a súa capacidade infinita de saltarse, de xeito obsceno, as normas e valores ético- morais.

O que si non estaría de máis, sería comezar a buscar unha organización cuxas normas axuden a detectar e recuperar aos imbéciles que fan posible que estes kamikazes circulen polo congreso.