O Concello de Mondariz Balneario ven de presentar a I Edición do evento “Mondariz Balneario co deporte de elite”, un evento que nace para achegar os deportistas e as súas viviencias a todos os amantes do deporte asi como destacar o enclave de Mondariz Balneario para a practica do deporte. Serán dous coloquios deportivos os días 22-23 de Novembro e rematará coa Carreira Popular o día 24.
Os invitados nesta primeira edición serán Alice Finot (Campioa de Europa e 4º nos JJOO de París nos 3000 obstaculos), Alex Andújar (Preparador Físico do RC Celta), Ezequiel Mosquera (2º na Vuelta a España e organizador do Gran Camiño), Pepe Casal (Prata nos JJOO de Pekín e preparador fisico de Pau Gasol), Melania Rodríguez (Campioa do Mundo de Ximnasia) e Toni López (Campeón de España de Judo para cegos).
Os coloquios estarán moderados por Silvia VieIto e Terio Carrera e versarán sobre as súas experiencias e traxectorias, facendo fincapé nos valores e hábitos saudables que ten o deporte.
Estas dúas xornadas terán o seu broche final coa carreira popular “Correndo entre Auga”, unha carreira que volve a vila despois de 20 anos.
O Alcalde, César Gil mostrase ilusionado “ É un evento moi importante para nós xa que somos un lugar ideal para preparar unha gran competición de calquer modalidade deportiva, temos o noso patrimonio natural e noso benestar mental. Será unha gran oportunidade para ver de cerca a eses deportistas que habitualmente seguimos na televisión e que de seguro serán moi interesante escoitar as súas experiencias”.





