Aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos / cata da Festa do Viño do Condado do Tea
Empezamos cos últimos preparativos da Festa do Viño do Condado do Tea, que este ano chega ao seu 60 aniversario, e un ano máis, dentro da programación da propia festa, ábrese o prazo de inscrición para participar nas catas comentadas.
Catas que comezan o luns 19, cunha cata comentada de Viños Brancos da DO Rías Baixas, o martes 20 terá lugar a cata comentada de Viños Brancos das DO Galegas e rematamos o mércores 21 coa cata comentada de Viños Brancos e Tintos da Subzona do Condado do Tea – DO Rías Baixas. Para participar é preciso inscribirse, xa que as prazas son limitadas, a través do 986 658 126 ou en animacion@concellodesalvaterra.com.