Ai, a Lingua. Eu proclamo a miña independencia!

Artigo de opinión A Nova Peneira
Baldomero Iglesias Dobarrio Mero artigos de opinión A Nova Peneira
Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero

Teño entendido que a dependencia leva sempre ao descontento e non épara menos porque a dependencia trae consigo unha sombra que debullatempos e entristece, quita vontade e liberdade, en definitiva resta averdade de nós. Vén sendo así como depositarnos na vontade allea,abandonarse ao que digan outras xentes -en teoría mellor cualificadas.Vén sendo un tipo de abdicación onde depoñemos a nosa ansia,dimitimos de calquera diálogo.

Temos aprendido no tempo o concepto de que é algo lamentable que nosminoriza, sen sermos quen de valernos polos nosos medios. Unha persoadependente pode chegar a ser escrava ou sometida, serva, vasala,adxunta. De calquera xeito subordinada e submisa aos desexos doutras.Case é unha persoa denegada, que non se vale a si mesma, na derruba doseu propio ser, na perda de arroubos e angueiras. De aí que entendamosque unha sociedade que non se reivindica debidamente, acaba noconformismo, adormecida no seu soño -como di o noso himno ao reclamarque espertemos. Quérese dicir que debemos exercer sen dependencias,auto-valéndonos, sumándonos aos intereses comúns para conseguirinfluír nas decisións dos que mandan e non gobernan como deberan.

Desde ese punto de vista semella imposible entender que sexan outrosquen mandan, anque non saiban gobernar e decidan por nós temas nosos,como o da Nosa Lingua, por exemplo.

Xa sei que estorbarán con eufemismos, con mentiras (de imposicións,liberdades privadas e privativas de certas castes sociais que seescandalizan, e cousas desas…), agachan en leis e decretos moiaparentes pero dignos de calquera goberno vencido que, a todas luces,mente e méntennos. Este é un tema no que xogamos con desvantaxe,levamos séculos de desvantaxe, feridos na alma da identidade e aíndaasí resistentes con tantos gobernos hostís que desde a súa ignoranciae desde o propio vinagre non souberon facer nada.

Son cuestións de prestixio, complexos inxectados na vea do adeene, doemprego común para normalizala en todos os ámbitos sociais, dedocumentos que nos revolven nos excesos de trámites, nesa“burrocracia” que nos pilla de cheo e que tanto lles gusta, nosservizos públicos e nas actividades alleantes, polos pulos e vontadesprivativas, nos descoidos, nas inasistencias ante invasións alleas epolitizadoras do tema, de odiadores/as que desde sempre tivemos e queson corifeos que se xuntan aos demais corifeos para afogar no seu odio.Iso si, erguen bandeira de liberdade cando entenden esta como abuso edominio, particularismos e terraplanistas.

Historias -moitas delas vergoñentas- que se levan dado ao través dahistoria e que seguen a ofendernos. Son temas de toda índole quepoderían saír a relucir pero ocupan moito espazo neste breve lugar(denuncias, privatizacións, precariedades, ninguneos e todo aquilo que poidan imaxinar). Se os decretos decretasen como é debido e foran empregadas as canles de acción participada no orgullo de sermos,facilitando a acción participada, seriamos escoitados e todo podería mellorar. Moitas iniciativas poderían meter menos a pata e corrixirtanto erro, mesmo as privatizacións que se fan en grupúsculos quexogan co seguidismo.

A política ás veces luxa os temas que toca e apropia. A Lingua émoito máis ca iso, a Cultura está por riba de parlamentos fugaces e de“politiquiños de turno”. Son moitas/os as/os que “aman mucho aGalicia” e seguen no gozo permanente da boa mesa, das praias, dosveráns a tope. Anque nunca se doian das derrotas, das perdas edesgustos que nos impiden mellorar e ser quen realmente somos. Porqueas débedas, xa históricas, non foron satisfeitas e neste estado decousas, falar de repoñer indígname e penso deberían avergoñar a quengobernan tamén, aos que o permiten e non o tratan como tema prioritarioo da nosa Lingua. Pois que saiban que antes ca ningún orzamento ouproxecto de interese, antes está a nosa Dignidade, a lexitimidade etransparencia para ser e gobernar unha Patria que nos abarca e dáfundamento. Por iso non quero ser dependente. Quero ser independente,independízome das súas tramas, quero sentirme ben comigo mesmo, namiña Lingua, coa miña xente, na miña terra -lonxe de contratas esub-contratas, de Altris, petróleos, vacas tolas, minas abertas,contaminación e mil impostos que nos inventaron, e que non reparten coaxente abeirada ou necesitada. Cando se asumen responsabilidades derepresentación popular hai que mollarse e deben quedar fóra aspretensións privadas e beneficios, tamén os de amizades, empresas epatronal que “soltan a galiña” por detrás, ben sabemos. Vén sendoasí desde hai moito tempo e cómpre mudar. Mudan as moscas mais a merdanon varía. Canta razón tiña o Zeca! Non hai tempo para seguir nestadependencia escravista que xa se ve en resultados, sobre todo con algotan limpo como é a Nosa Lingua, a Nosa paisaxe, o noso ser.

Son e sigo sen vender a miña independencia, non está en venda a miñasoberanía, nin por estes nin por estas, nin polos outros nin poraquelas, nin por quen foron e non están anque calaron. E desde ela, amiña república independente, proclámoa novamente para que non xoguencon nós. Somos moita xente que nos resistimos a perder, aabandonarnos, a deixarnos conducir cegamente polos que cobran nómina,inactivos nestes temas. Non están ao que deberan, a defender os nosossagrados intereses sen dominios nin colonialismos, tan estúpidos eprocaces.

Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero.