A CUT gaña nos xulgados de Vigo, contra a discriminación que se produce ao subtraer unha parte da paga de beneficios, cando unha persoa está en proceso de IT. Esta discriminación foi asinada durante a negociación do convenio pola maioría sindical de SIT, UGT e CCOO.
A sentenza incide en que si ben a xurisprudencia do supremo coa unificación de doutrina, fai referencia a discriminación por unha decisión unilateral da empresa. E neste caso foi un acordo asinado por unha maioría sindical, como así se esforzaron en expoñer as partes demandadas (empresa, SIT, UGT e CCOO). O maxistrado ven a dicir, que aínda que sindicatos e empresa asinen acordos, estes non poden ir en contra da lexislación vixente e polo tanto unha
discriminación é unha discriminación aínda que a acepten CCOO, UGT e SIT.
Unha vez máis se pon de manifesto que o sindicalismo maioritario en Stellantis Vigo, asina acordos que van contra a lexislación e sobre todo que atentan contra os dereitos das propias persoas traballadoras. So teñen en conta as “necesidades” da empresa, nunca as necesidades das persoas. A pesares de ter que loitar unha e outra vez contra tódalas partes, tamén contra as que se supoñen “amigas”, dende a CUT temos claro que nunca renunciaremos a defensa do colectivo. Nin sequera por un par de delegad@s máis.
Durante a celebración do xuízo, a empresa coma sempre usou as tácticas de embarrar, embarullar e ameazar coa gravidade das consecuencias de estimar a nosa demanda. Táctica que tivo o apoio outra vez de CCOO, UGT e Amarelos, dicíndolle ao maxistrado que si se anulaba ese artigo da paga de beneficios, quedaría anulada toda a paga e tamén o convenio… Eles saberán o que fan, agora ben, teñen claro que dende a CUT non quedaremos parad@s.
Outra das perlas que usaron para embarrar, foi presentar un informe dicindo que unha persoa de baixa que cobrara a paga íntegra, estaría cobrando un 175% máis. Si, así tal coma o contamos e se quedan tan anchos, nin sequera se puxeron colorados, menos mal que o maxistrado non comprou o argumento.
Esta sentenza pon de manifesto o que dixemos sempre, que este convenio contén un feixe de artigos que atentan contra os dereitos da clase traballadora. De feito a administración negouse a rexistralo en primeira instancia e solicitou a comisión negociadora a corrección dunha parte do articulado. A comisión visto bo do SIT, UGT e CCOO e coa oposición da CUT, remitiu o mesmo texto e ao final nove seses despois de ser asinado, o convenio finalmente se rexistra pero por silencio administrativo.
