Manuel Alfonso Estévez,
Fillo de Fornelos da Ribeira.
Porque penso eu, que todas estas terras do Oural, poderían ser “terras raras” contendo, entre outras materias primas, produtos tecnolóxicos vinculados coa enerxía.
Agora que estamos co cambio climático e na carreira polas “terras raras”, como o cobalto, cobre, litio, níquel, e outros minerais claves, serían de valor e non disparatado xeo – politicamente falando,
observar esta posibilidade aínda que no haxa ningunha expectativa o respecto.
Eu non sei se no rueiro do Oural, hai minerais raros; tampouco sei se os científicos e políticos estudaron estas terras, pero podería darse o caso, que si coma o berilio, moi usado na industria espacial e na defensa; o litio e o indio que permite que as pantallas táctiles respondan o tacto, e o telurio, fundamental para a xeración da enerxía solar, e o ouro se encontran nesas terras raras, pregunto: ¿Porque non nestas? ¿Existe algún estudo?
Eu non sei se este rueiro do Oural de Fornelos da Ribeira, posúe estas terras raras ou non, pero sabendo que existen 17 minerais para outras aplicacións, espero que algún día os científicos e investigadores analicen estas terras e froito delas, se obteña algo. Para quen isto pensa, o nome de Oural, algo indica de moi antigo, aínda que o seu apelido Oural, proveña dunha antiga familia do século XII, posiblemente do “Ourel francés”, que significa auga e nel, non me estrañaría que neste Oural, houbera minerais críticos incluídos o Europio, utilizado nos sistemas de control dos reactores nucleares.
Tamén o gadolino, seodimio, o holmio e iterbio, na fabricación dos láseres. E podemos falar do lantano, cerio, neodinio, itrio, que poderá haber nas terras do Oural. Por intentalo que non sexa, o menos que non quede, pois si hoxe o mundo está inmerso nunha loita feroz polos recursos, no Oural poderían estar os piares da economía do futuro de Fornelos da Ribeira.
Agora que todo o mundo anda buscando “terras raras”, sería importante que neste noso humilde rueiro do Oural, aparecera algúns dos 17 elementos,aínda que so foran para empregar nos muíños de vento. E, Ollo! Porque sería un factor clave na batalla decisiva da guerra das materias primas. Non estaría mal crear unha plataforma educativa, para a formación e educación de futuro persoal da parroquia.
Pouco sabemos destas “terras raras posibles” no Oural, nin tampouco do neodinio, usado nos láseres e motores eléctricos. Do lantano e gadolineo, para as cámaras dixitais. Tampouco do escandio, para motores e para a industria aeroespacial.
No rueiro do Oural, non existe ningún permiso de explotación, nada mais co Club de Fútbol, “EL PROGRESISTA”, dende o año 1.920. Nada mais.
Si Galicia posúe materias primas cobizadas no mundo ¿Por que non, neste recanto de Fornelos da Ribeira ? “As terras raras do Oural”, serían un prezado e buscado ben para protexer a economía da parroquia e non ter que ir a lonxe para atopar estes recursos estratéxicos.
Eu espero que expertos xeólogos profundan nesta terra, observando en Salvaterra como se traballa nos áridos e se extrae pequenas cantidades de ouro e monacita.
Unha escavación subterránea sería posible buscar pegmatita rica en litio obtendo concentrados de moscovita.
Debo aclarar que o noso Oural, non se deriva do ouro, se non, dunha familia do século XII que significa auga e lugar, e polo tanto lugar de auga. E si o queremos astrolóxica, é unha aproximación a vida, potencialmente para ser algo no mundo cos pes no chan.
Indagando pois, sobre o pasado e orixe do apelido Oural, soamente podo dicir que é unha experiencia enriquecedora conectada coa Historia, a Cultura e a Xenealoxía, maneira de comprender quen somos, de onde vimos e garantindo as costumes a través dos anos.
