As santas cuncas do tinto

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira

(Algo mais cunha de viño)

Si de algo podo falar, e da tradición que nos ven de antano. E dunhanmaneira tradicional o beber o viño tinto, nas Tabernas, servido nunha cunca.

¡Cantos anos hai que non vexo aquelas cuncas de viño tinto! ¿Cantas Moitas. Empezando polas tabernas da miña aldea de Fornelos da Ribeira e minando pola Taberna de Elixio e a da “viúva”, debaixo de ElnPueblo Gallego, onde traballei como reporteiro.

E lémbrome ¡Como non! Daqueles viños marcados por unha cor púrpuranque deixaban as nosas linguas moradas. Moitos xa non se acordarán, porque quedamos poucos.

Hoxe, coa chegada de novos viños, cambios de mentalidade e costumes, pouco a pouco se foi perdendo todo a tal punto de pasar a ser unha práctica pouco común, aínda que de cando en vez, aparezan enxebres de cuncas e tintos, para degustalos.

A taberna de Elixio era de obrigado cumprimento para escritores, xornalistas e poetas, como Alvaro Cunqueiro, José María Castroviejo, Julio Sigüenza e outros.

Tamén na tasca da viúva, non faltaba a oportunidade de probar e saborear aqueles viños.

Non sei si quedarán moitos nostálxicos que de vez en cando ansiaban beber esas cunquiñas de tinto, que alegraban os sentidos. Deles naceran as “cerimonias”, tanto en Vigo como na Carballeira das Fraguiñas.

E ¡Como non! A taberna de “Manolo do Xurreiras”, na miña aldea de Fornelos da Ribeira, que coa Tenda de Guillade, cumprían unha función: Dar renda solta a tradición, tan arraigada, como era o beber unha, dúas, e tres cuncas do viño tinto o pe da Carballeira.

E, das sopas de viño tinto, Qué? Pois mira: As facía a miña madriña, que para miña idade parecían un pouco fortes, con canela e quentes estaban moi ricas.

¡Como non me vou lembrar tamén daquela pota de viño con azucre o fogo! Daquel remexer para evaporar o alcohol, para que quedaran mais suaves, co pan en rebandas, empapadas en viño e azucre, fritidas na tixola, douradiñas e colocadas na fonte para xantar.

¡Como non me vou lembrar de todo isto, si era todo unha relixión!

Con tantos anos enriba de min, aínda me lembro de como baixaban os homes da misa católica (para evitar mal entendidos), e entrar na taberna do Xurreiras, para limpala “alma”!

E, hoxe mais aínda porque todo o mundo ten dereito a practicar e rematar o día, como si fora unha relixión. Porque, queirades ou non, as tabernas son lugares de culto.

¡Que tempos! Cando o Manolo de Xurreiras acollía cos brazos abertos a tódolos cunqueiros que baixaban da igrexa, para purificar o corpo por dentro porque benditos estaban por fora.

¡Como non me vou lembrar daquelas cuncas de viño tinto! !Sangue das nosas veas e glóbulos da mesma cor!

¡Como non me vou lembrar das tabernas! Centros milagreiros da nosa xente.

Gardo a os meus anos moi boas lembranzas de todos estes lugares, e paseando polas rúas de Vigo, vanme os ollos para onde estivo o xornal El Pueblo Gallego, do que fun un dos reporteiros, e do que gardo grata memoria.

E sigo gardando o sabor do viño, sen chegar a sentirme perdido mirando como maduran as uvas, as moras e as cereixas que tanto me gustan.