Seica non nos doen prendas

Artigo de opinión A Nova Peneira
Baldomero Iglesias Dobarrio Mero artigos de opinión A Nova Peneira
Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero

Por desgraza veñen moi a conto os feitos que están a suceder no mundo. Levamos tempo nesta situación de abuso onde o abusador inculpa ao abusado e nós, que vemos desde a marxe os feitos, tratamos o asunto desde a equidistancia, coma se fose algo de igual peso, como se fosen mazás que están no cesto e das que debemos coller aquelas que máis nos gustan.

Case todo o que sucede no noso arredor non é así de doado. As cousas non son así, levemos tempo tentando mediar desde fóra, sen mollarnos debidamente. E cando se producen feitos nos que hai unha persoa que perde, unha persoa danada, magoada, ofendida. Debemos estar do lado da vítima, por moita manobra que faga o que ofendeu.

Véxoo mesmo na xente querida do meu arredor, amizades. Vexo o comportamento pulcrísimo de non mollarse, de asistir ás dúas bandas nun acto de equidade “inxusta”, que quere mediar en solvencia emesmo negar, tratando igual a quen naufragou que a quen fixo as vías deauga. Desculpan a quen roubou de quen foi roubado, a quen mentiu de quenfoi acusado sen culpa. Esa equidistancia inxusta, é ruín, un insulto evilanía. É ilícita e desigual por moito que a vistan de gala. Sempre hai alguén desde unha prepotencia hábil, desde unha posición de arbitrariedade e de exceso que media para asoballar. Dá lugar a esaagresión que nebulizará desculpas, amaños e componendas,xustificacións en circunstancias. Hábiles razóns que inculpen aoutras persoas, e a aquelas que foron agraviadas.

Pero hai momentos nos que non debemos normalizar ese xeito de comportamento. Debemos, desde o comezo, estar do lado de que padece esofre os feitos perpetrados. Aínda hai persoas e xuíces que cargan contra a vítima e fanlle pasar momentos de sufrimento imperdoables. Émodo de protexer á persoa agredida, sen escusa. Recréanse preguntandose a roupa que levaba a vítima era provocadora, se os acenos eraninsinuantes. Pero onde estamos! Así nos veñen dadas, tal como veñen.

Sucede igual cos roubos. Na nosa sociedade chega a resultar simpática apersoa que roubou, moito máis que a roubada. E na des-funcionalidade humana chegan a ser tamén queridos e mimados os corruptos. Alegan noseu recurso a necesidade, a marxinalidade, a situación vulnerable, etc.Pura enerxía destrutriva. E fan coro, súmanse máis na consecuencia deque é a persoa que foi roubada a que ten que dar razóns exustificación para convencer á galería. Claro, hai casos lamentablese que deben ser tratados con proporcionalidade e comprensión, coma no caso dos roubos de comida ou medicinas para sobrevivir. Pero hai casos fragrantes de roubo con descaro onde non entra a xustiza a poñer orde,a que se devolva o roubado e a penalizar esa conduta tan reprobable.

Fomos indo e é agora o presidente dos EUA, nun golpe da súa“clarividencia” intúe que é amo do mundo, que foi Ucraínaculpable de que os invadiran. Seica provocaban a Moscú desde antes do2022, xa no 2014 cando quedaron con Crimea e todos calaron. Culpa e berra ao Zelenski para que capitule perdendo territorios invadidos. Neste caso, e sen entrar en moitos detalles, a culpa está sobre davítima e prodúcese a humillación do poderoso. Como pode querer convencer de que foi culpa da vítima. Trump asesorado por Musk crea un novo relato, mentido, claro está, no que evitar discrepar e situarse nomedio, equidistante. Esa postura tan ética e falta de rigor. Non haiguerra se un cede, e quen cede? O que menos pode. Perde o paísinvadido, violado, saqueado, sabendo que o trato resólvese entrepotencias imperialistas -sobre todo listas- que teñen forza para abusar, poder para mentir. Tamén en Palestina. Todos son capaces depoñer o foco sobre as vítimas, sospeitosas de seren iso, vítimas. Eraa muller a que provocaba antes da súa violación, era unha deixada,eran os tanques ucraínos os que foron a Moscú invadir a Putin. E na Franxa de Gaza merecen residencias de luxo para contubernio da xenterica que farán merecer, aquel paraíso nun novo verxel de flores. Oresultado, da equidistancia, é máis violencia, extrema en todos osámbitos, no deporte, na infancia.

Hai que sacarlle a máscara aos violentos dunha vez e atallar as súasagresións. Non deixemos que medre o monstro. Estamos levados por xente“pirada” que ademais é mala xente, con resultados asasinos de derrota e extinción. Que non sigan adiante tirando por terra os dereitos acadados. E que nos doian as xentes que se doen.