Carta ao director

Artigo de opinión A Nova Peneira

Estimado director,

Tras varias semanas dándolle unha e mil voltas, decidín, escribir esta carta, non solo para manifestar o meu pesar, desanimo e anoxo, cara o que considero unha inxustiza e infamia de cara o que eu máis quero, os meus fillos, senón tamén para manifestar a situación límite da EDUCACIÓN PÚBLICA.

Dende o 8 de setembro, día que como ben sabemos todos, empeza o colexio. Un día cheo de nervios, ilusións e reencontros, este ano, tamén cheo de recortes, mentiras e ameazas.

Como nai dunha nena con NEE ( necesidades educativas especiais), síntome rechazada e ninguneada. Énchense a boca falando de inclusión, presumindo de que Galicia é a única comunidade autónoma onde os nenos e nenas con discapacidade computan como doble ou triplo, pero despois non o levan a cabo, baseándose nunha lei, que para min ten unha libre interpretación en función da cara da moeda.

Levamos casi dous meses con diferentes accións ( manifestacións diante do cole, participación no pleno do Goberno, reunións con inspección, martes negros…). Nunha destas reunións co inspector, inspector xefe e xefe territorial, posta dun día para outro, marcando eles os criterios, as formas e os modos, chegaron a dicir que o centro non debía queixarse, xa que había dúas aulas desdobladas, digamos de forma ilegal. Que se eles querían, eses desdobles poderíase desfacer, polo que xa sobraría máis persoal.

Nesas dúas aulas, existen nenos e nenas con discapacidade recoñecida,é dicir, que computan como doble ou triplo en función do grado, como mencionei anteriormente. Polo tanto, eses desdobles están feitos dentro da legalidade. Remitímonos a lei que eles tanto promulgan e que a continuación expoño.

A redución das cocientes das etapas de educación infantil e educación primaria de 25 a 20 alumnos por aula e a de educación secundaria obrigatoria e bacharelato a 25 e 30, respectivamente, favorecerá a consecución dos obxectivos destas etapas. Por outra banda, o feito de que cada alumno ou alumna cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %, ou cun grao I de dependencia acreditada ou cun trastorno grave da conduta acreditada compute, a efectos desta cociente, como dous, e que cada alumno ou alumna cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65 % ou cun grao II ou III de dependencia acreditada compute, a estes mesmos efectos da cociente, como tres, é unha medida moi potente de aposta pola inclusión educativa, de atención á diversidade e de protección das familias máis desfavorecidas.

O ano pasado, contábamos cun apoio en educación infantil, dada a casuística existente, contábamos cun mestre a tempo completo, este ano, é medio titor para a clase de 3º e contábamos cun medio PT ( pedagoxía terapéutica) para traballar con dous nenos con NEE, unha delas, a miña filla. Todo eso desapareceu.

Cada curso aumentan as necesidades, cada vez hai máis diversidade na aula, pero hai menos mestres de apoio. Isto non solo atinxe aos alumnos e alumnas con NEE, tamén a aqueles que non teñen dificultades, xa que a atención non va a ser a mesma. O centro Mestre Martínez Alonso,sendo un centro de atención preferente (institución académica para facilitar a normalización dos procesos de escolarización para alumnos e alumnas con necesidades especiais), conta con menos recursos que outro centro que non o é. O Claustro está saturado, está cansado e é moi difícil garantir unha educación de calidade, cando os seus maiores representantes, atopan todas a portas pechadas.

Despois de dous meses, seguimos igual, ben, non, a data do 27 de outubro, dende inspección confirman que non va a enviar a ningún profesor máis, nin medio, nin enteiro.

Mentres,o noso Conselleiro de Educación segue facendo propaganda enganosa do ben que funciona o noso sistema educativo.

Volveremos a loitar como xa fixeron os nosos pais e avós, todo por eles, polos nosos nenos e nenas, con necesidades ou sen elas, porque a EDUCACIÓN PÚBLICA É UN DEREITO E NON UN PRIVILEXIO.

Atentamente

Montse Rodríguez García.