a cut denuncia a utilización premeditada da flexibilidade laboral paramaximizar beneficios a costa das condicións das traballadoras.
A Central Unitaria de Traballadoras (CUT) celebrou no día de hoxe unha asemblea xeral de afiliadas e afiliados na que se abordou a situación actual de paradas produtivas e sobreprodución previstas para o mes de novembro, período no que a empresa ten previsto traballar seis días de cada sete.
A CUT denuncia que esta situación se repite ciclicamente cada ano, o que evidenciaunha falla de planificación deliberada por parte da dirección. en lugar de asumir a súaresponsabilidade organizativa, a empresa descarga o peso da súa descoordinaciónsobre a clase traballadora, valéndose de mecanismos de flexibilidade como a bolsa dehoras e os erte, convertidos xa nunha ferramenta estrutural para xestionar o que é, enrealidade, unha estratexia produtiva premeditada.
A organización sindical critica tamén a complicidade das administracións públicas, queaproban sistematicamente estes erte, a pesar de que a súa reiteración eprevisibilidade desmenten o argumento da suposta “imprevisibilidade” que a empresamantén desde a pandemia.
Desde aquela, todo vale para xustificar a desorganización produtiva: primeiro foi a faltade compoñentes, despois os microchips, máis tarde o encarecemento das materiasprimas e agora —de novo— anúnciase a posibilidade de novos problemas desubministración de microchips. a cut considera que este discurso de incerteza serveunicamente de coartada para seguir flexibilizando as relacións laborais, deteriorardereitos e deslocalizar a carga de traballo, tanto na empresa principal como nasauxiliares.
Paralelamente, cando se trata de solicitar axudas públicas, a empresa non escatimaesforzos ante os gobernos central e autonómico; mais, unha vez recibidos os fondos,desaparece calquera compromiso de mantemento do emprego, mentres continúa apresión sobre o persoal e o deterioro das condicións laborais.
A CUT entende que esta estratexia responde exclusivamente ao obxectivo deincrementar o rendemento produtivo e económico do grupo, aumentando as marxesde beneficio a costa das condicións sociais e laborais das persoas traballadoras e,especialmente, da súa conciliación familiar e persoal.
A central unitaria de traballadoras reafirma a súa oposición frontal á utilizaciónfraudulenta dos mecanismos de flexibilidade laboral e chama ao conxunto da clasetraballadora a organizarse e responder colectivamente fronte a esta dinámica de abusopermanente.
No mesmo encontro, a cut aprobou formalmente o regulamento do fondo desolidariedade obreira, un instrumento de apoio destinado a todas as persoastraballadoras de stellantis que sexan represaliadas pola empresa mediante sanciónscon suspensión de emprego e soldo. este fondo garante un salario diario de 25 eurosata un máximo de 30 días, reforzando así a solidariedade e a protección mutua da clasetraballadora.
A asemblea tamén analizou a recente sentenza do xulgado do social nº 5, relativa aoprotocolo de calor vixente no centro de traballo, que a cut considera claramenteinsuficiente e incumpridor do real decreto en materia de prevención de riscoslaborais. o sindicato denuncia que, unha vez máis, a empresa prioriza a produtividadesobre a saúde das persoas traballadoras, mantendo un sistema de aireación obsoleto,da mesma antigüidade que as naves, sen realizar investimentos reais en mellorar asinstalacións. pola contra, só se inviste en aumentar a produtividade e eliminar postos detraballo.
Neste sentido, o gabinete xurídico da CUT xa formalizou o pertinente recurso fronte a esta sentenza, por considerar que non garante adecuadamente a protección da saúde das persoas traballadoras nin o cumprimento efectivo da normativa vixente.
