Paulo Peres Lago [Comité Antifascista da Louriña]
Tódalas guerras esconden os verdadeiros motivos polas que se levan a cabo. Ningunha confesa eu roubo, eu saqueo, eu mudo fronteiras…Todas disfrazan de patriótico-nacional os intereses das clases dominantes utilizando unha máscara que lubrica o andamiaxe cultural e mediático que sostén a dominación de clase, ocultando que é a clase obreira quen pon os mortos, quen fabrica as armas que mediante a explotación do traballo alleo sufraga e financia ca transferencia das súas rendas tódalas guerras, o Complexo Militar Industrial Atlantista, a intendencia, e a loxística fundamental para preparar as agresións belicistas burguesas.
Cando escoitamos ao brazo político da OTAN instalado en Bruselas e aos falcóns neoliberais dicir “loitaremos ata o último ucraíno”, nós como proletariado, sabemos quen non vai ir. Os fillos destes belicistas, non van ir, os fillos da camarilla banderista que controla Ucraína, non van ir, os fillos da burguesía ukronazista, non van ir.
Eles foron os primeiros en pagar a viaxe, e fuxir seguros ben lonxe das balas, dos misís e dos drons. Non é ningún segredo, ollamos e escoitamos como a führer Úrsula Von Der Leyen respondeu a esa pregunta cun sorriso cínico cheo de franqueza, “Meus fillos non van ir.”
A clase obreira é sacrificada no altar do lucro. Cando este na avaricia burguesa, non é suficiente polas dinámicas e tendencias de caída na tasa de gañanza, xorden as guerras como solución, xorde o caos, a desolación e a destrucción. Son as crises capitalistas, todas absolutamente cun carácter de clase ineludíbel, tal e como dixo, o multimillonario Warren Buffet, logo da catástrofe programada das hipotecas Sub Prime, a estafa levada a cabo por Wall Street, “Isto é loita de clases e nós imos gañando.”
Agora estamos envoltos nunha grave crise, na loita entre o imperialismo anglo-ianqui-sionista empurrado polos voitres financieiros, e o mundo multipolar. Este occidente colectivo adicado á especulación e a usura, non crea riqueza real, senón burbullas financieiras que precisan dunha guerra para apagar o seu estoupido co barullo das bombas. Nese contexto xa previsto con antelación, preparáronse contra toda rebeldía e insurxencia, militarizaron as forzas de orde, crearon leis represivas, ampliaron censura, e ca complicidade dos medios de comunicación, enganan, minten, e conseguen confundir e desorientar ao pobo traballador, facéndonos crer que ese suposto inimigo que está fóra das nosas fronteiras, é un perigo para a nosa “civilización”.
Así fixeron ca islamofobia, e agora ca rusofobia, ou mesmo no interior, apuntando ao máis pobre, o inmigrante, o de distinta cor, ou crenza. A burguesía nunca é sinalada, ela e os seus voceiros e xestores, sempre apontan lonxe ou cara abaixo.
Quen destrúe os servicios públicos, quen privatiza as pensións, quen crea a inflación, quen nos expulsa das nosas vivendas, quen empobrece a sociedade con precariedade no seu conxunto, non ten ideoloxía, ten intereses. A ideoloxía ollada como falso coñecemento é para o pobo, para distraernos e confundirnos das verdadeiras causas.
Por iso é tan perigosa a conciencia de clase. Ela colócate no lugar correcto da barricada, no lugar certo da historia, e tamén por iso, é onde máis invisten para embaucarnos e seducirnos. Crear falsa conciencia que nos empurre a defender intereses alleos a nosa classe, é a fabricación industrial de consenso.
A guerra contra Rusia é a cuartada. A escusa para a destrucción do estado de benestar, privatizando absolutamente todo, o carozo da doctrina neoliberal que precisa ser acelerado para efectuar un masivo trasbase de rendas do traballo aos petos capitalistas. A verdadeira guerra é contra a clase operaria e o conxunto dos asalariados que encubren ca bandeira patriótica e os intereses nacionais para aceptar ese roubo, e ao mesmo tempo, criar as condicións apropiadas para que ollemos como modo de supervivencia, traballar en fábricas de armas, construíndo tanques e fusís, para morrer fóra das nosas fronteiras por intereses alleos a nosa classe.
Primeiro foi o ataque á sede da UE en Kiev, logo o ataque de hackers ao avión de Von Der Leyen, agora comenzaron cos drons pantasma sobrevoando instalacións militares, aeroportos, fábricas de armas, etc…Uns drons que non se sabe de onde veñen, quen os controla, e cales son os seus obxectivos. Non capturarom ningún, non teñen ningunha proba física que o demostre, non hai fotos, non hai evidencias. Como é posíbel que con chips de lavadoras se supere unha tecnoloxía europea tan avanzada como temos? Como é posíbel que non se haxa derrubado ningún?
O relato sen datos reais é pura propaganda que contamina as mentes, fabricando escusas que favorecen a narrativa neoliberal belicista. Debemos entender que a propia guerra, a propia loita está na contradición de intereses de clase, e que unha classe domina ás outras nom soamente usando a forza, senón buscando aliados aos que confunden nunha guerra cognitiva para que defendan a mansión do amo, namentres eles durmen na caseta.
A guerra é o nivel de violencia cruda e visíbel que se executa contra os traballadores que sufrimos as consecuencias da grave crise do capital, e que agora está ameazando cunha guerra global que pon en perigo a humanidade mesma, e que enfronta a pobos, a nacións e continentes no seu desespero por o monopolio do control.
Os intentos de escalada con provocacións son constantes, as mentiras e o uso do control informativo mantén a poboación na inopia. Por iso é preciso romper o cerco mediático, por iso é preciso dicir a verdade con feitos e datos.
As súas guerras, os seus réditos e gaños, que os defendan eles!
Nin guerra entre povos, nin paz entre clases!
