Secundino Fernández critica que as destitucións eviten a conselleira, verdadeira responsable política do “desastre” dos incendios de agosto
“Non abonda cun cambio de caras de segundo nivel para cambiar o rumbo das políticas cara o rural, tamén teñen que cambiar os responsables”
Santiago de Compostela, 29 de decembro, 2025.
O portavoz do Medio Rural do BNG, Secundino Fernández, asegura que o feito de que Rueda releve tres altos cargos en Medio rural é o recoñecemento do fracaso da xestión dos lumes por parte do PP na Xunta.
“Estes ceses significan o recoñecemento da errada e negativa política que ten a xunta do Partido Popular en relación coa ordenación do territorio, coa producción agroforestal e coa defensa do noso medio rural fronte aos incendios forestais”.
Fernández Considera insuficiente o “cambio de caras de segundo nivel” á hora de mudar o rumbo das políticas enfocadas ao rural, xa que “evitan de momento a máxima responsable da Consellería”, en referencia á conselleira, María José Gómez, a quen acusou de adoptar políticas que levaron ao “desastre” na xestión dos incendios do pasado verán.
Afirma que os cesamentos na Consellería do Medio Rural, representan “as primeiras vítimas políticas da desastrosa xestión” dos lumes máis grandes da historia de Galiza, incendios que, lembra, provocaron unha auténtica catástrofe económica, social e ambiental
Indice en que o BNG leva tempo explicando e propoñendo que este “desastre” ten que significar “un punto de inflexión”. É hora dun cambio profundo nas políticas cara ao rural”, empraza, aclarando que “non chega con cambiar certas caras de segundo nivel”. Para que haxa un cambio de rumbo, tamén teñen que cambiar os responsables, comezando pola conselleira, remata.
