A asociación Alén Nós reclama a declaración BIC para o cargadoiro Couto Wagner de Rande

A asociación cultural alén nós de redondela expresa a súa profunda preocupación pola negativa reiterada da xunta de galicia a incoar o procedemento para declarar ben de interese cultural (bic) o conxunto histórico de rande, no que se integra o cargadoiro de mineral do couto wagner.

En dúas ocasións, nos anos 2013 e 2020, o pleno do concello de redondela —con apoio unánime de todas as forzas políticas— solicitou formalmente esta declaración. a día de hoxe, a administración autonómica nin sequera iniciou o trámite. para alén nós, esta inacción non pode interpretarse como un simple atraso administrativo, senón como unha decisión política consciente e intencionada.

A lexislación galega é clara: cando existen valores culturais acreditados, a administración debe incoar o expediente. no caso de rande e do couto wagner concorren sobradamente valores históricos, industriais, paisaxísticos e sociais que xustifican a máxima protección patrimonial.

O cargadoiro é propiedade da autoridade portuaria de Vigo, entidade que solicitou o seu desmantelamento alegando estado de ruína. porén, a normativa vixente establece de maneira taxativa o deber de conservación por parte dos propietarios, incluídas as administracións públicas. non é admisible invocar a deterioración dun ben cando este é consecuencia de anos de abandono.

a declaración bic suporía unha protección xurídica efectiva e obrigaría á restauración do inmoble. resulta lexítimo preguntarse se esa protección é precisamente o que se quere evitar para facilitar outros intereses industriais na zona.

Cómpre lembrar que o apoio á conservación do couto wagner é amplo e transversal. ademais do acordo unánime do pleno municipal, numerosas entidades culturais e científicas pronunciáronse a favor da súa preservación. entre elas figura o consello da cultura galega, que recoñeceu expresamente o valor patrimonial do conxunto de rande e se manifestou contrario ao seu desmantelamento.

O couto wagner non é unha estrutura illada. forma parte dunha paisaxe cultural única na enseada de san simón, vinculada á memoria histórica da ría de Vigo e ao desenvolvemento industrial do país. a súa desaparición suporía unha alteración grave da paisaxe histórica e unha perda irreparable para o patrimonio cultural galego.

Aceptar que a deterioración xustifica o derribo sentaría un precedente extremadamente perigoso. se ese criterio se aplicase de maneira xeneralizada, boa parte do noso patrimonio podería desaparecer baixo a escusa da falta de mantemento.

Para alén nós, o que está en xogo non é só o futuro dun cargadoiro industrial, senón o modelo de protección do patrimonio en galicia. ou se aplica a lei con rigor e se esixe a conservación aos propietarios públicos, ou se permite que intereses económicos a curto prazo prevalezan sobre o interese xeral.

A asociación esixe á xunta de galicia que asuma o seu papel como garante do patrimonio cultural, incoe de inmediato o procedemento de declaración bic e garanta a restauración e posta en valor do couto wagner.

Iniciativa ante o parlamento de galicia

Como asociación de carácter civil comprometida coa defensa do patrimonio cultural, alén nós anuncia que fará chegar ao parlamento de galicia esta solicitude de declaración de ben de interese cultural para o cargadoiro de mineral do couto wagner.

Dende esta entidade redondelá solicitaremos aos grupos parlamentarios que impulsen as iniciativas necesarias para que o goberno da xunta de galicia poña en marcha o expediente correspondente e proceda á declaración bic deste elemento singular do patrimonio industrial galego.

Para alén nós, a protección do couto wagner non pode seguir demorándose. a posta en marcha deste procedemento sería un paso decisivo para garantir a conservación e posta en valor dun ben patrimonial que forma parte da historia industrial e da paisaxe cultural da enseada de san simón e da ría de Vigo.

Primer comentario

Deixa a túa opinión