Felix, memoria viva

Felix cal refente,
non marchaches: quedaches prendido nas mans que erguen bandeiras,
nos ollos que non esquecen,
na voz colectiva que segue a dicir “aquí estamos”.

Presidente do Colectivo Republicano de Redondela,
non levabas só un cargo,
levabas unha chama.
Esa que acende conciencias,
esa que non se apaga nin co vento nin co tempo.

Cada luns, fiel á cita,
na rúa, por Palestina,
eras presenza constante,
pegada firme,
un corpo máis —pero tamén un faro—
entre todas as persoas que non se resignan.

Fotógrafo incontestable,
ollabas o mundo con verdade,
sen adornos, sen medo,
capturando a dignidade
mesmo nos recunchos máis duros.
As túas imaxes falan agora por ti,
e seguen dicindo o que ti nunca calaches.

Referente na loita,
non por buscar ser guía,
senón por non saber ser outra cousa
que coherencia e compromiso.

Felix,
o teu nome queda escrito
na memoria das rúas,
na historia pequena e grande
de quen non se rende.

E mentres haxa quen loite,
mentres haxa quen lembre,
mentres haxa quen mire o mundo como ti o mirabas,
seguirás aquí.

Presente. Sempre presente.

Primer comentario

Deixa a túa opinión